Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas autónomas a través de TIC Os exercicios a través da plataforma Tema serán corrixidos individualmente e avaliados. 10
Traballos tutelados Presentación individual ou en grupo do traballo autónomo do alumno.
Ficha de lectura do libro
Tema de civilización
10
Presentacións/exposicións Presentación oral individual ou en grupo do traballo autónomo do alumno. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado realizará exercicios teórico-prácticos ao longo do curso sobre os contidos explicados pola profesora nas sesións teóricas. 10
Probas de resposta curta - Proba final sobre os contidos teóricos
- Proba final sobre os contidos prácticos
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na 1ª edición de actas o alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. O alumnado que, por motivos xustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar coa profesora ao comezo do curso. Nese caso, e só nese caso, poderán examinarse do 100% da materia na 1ª edición de actas (50% teoría, 50% práctica). O exame terá lugar ao final do cuadrimestre.


Para aprobar a materia será necesario ter entregado os traballos na data requirida. As probas non entregadas contarán como un cero. En caso de plaxio, a nota é de suspenso.


Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación franceses.


Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame polo 100% da cualificación (50% teoría, 50% práctica) para o alumnado que non superara a materia na primeira edición.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000