Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro II: Inglés
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro III: Inglés/V01G180V01203
Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro IV: Inglés/V01G180V01204
Primeiro idioma estranxeiro V: Inglés/V01G180V01302
Primeiro idioma estranxeiro VI: Inglés/V01G180V01403
Primeiro idioma estranxeiro VII: Inglés/V01G180V01503

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro I: Inglés/V01G180V01104

 
Outros comentarios
Recoméndase o estudo diario da materia, a lectura das explicacións gramaticais dadas na clase, o desenvolvemento dos exercicios prácticos e a autocorreción. Para poder seguir as clases recoméndase posuír un nivel B1 de inglés. Ademais da asistencia regular ás sesións presenciais, resulta imprescindible para seguir e superar a materia o uso dos recursos bibliográficos. Sendo así, é altamente recomendable que o material manexado polo alumnado inclúa a lectura de xornais, libros e revistas en lingua inglesa, o visionado de vídeos, series e similares en lingua inglesa. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido senón tamén a súa corrección lingüística. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e de estar ao tanto das datas nas que as probas terán lugar. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumno/a da súa responsabilidade neste aspecto. Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, conexión a internet ou calquera outro medio electrónico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000