Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro II: Inglés
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Outros Pór atención personalizada sobre a realización dos diversos exercicios relacionados con as destrezas comunicativas e a destreza lingüística para aplicar os conceptos teóricos da lingua na práctica.
Actividades introdutorias Os obxectivos das actividades introdutorias céntranse na orientación xeral sobre a materia, o fomento de estratexias de aprendizaxe, facer indicacións sobre os traballos e exercicios, as datas das entregas dos traballos e das datas da realización dos exames e asesoramento para a superación da materia.
Titoría en grupo Por titoría en grupo enténdese atención na aula e en horario de titorías. Entre os obxectivos da atención personalizada están a orientación xeral sobre a materia, o fomento de estratexias de aprendizaxe, facer indicacións sobre os traballos e exercicios, analizar os resultados obtidos en probas xa realizadas ou o asesoramento para a superación do curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000