Para poder seguir a materia cómpre ter un nivel de lingua galega equivalente ao bacharelato.
É aconsellable a asistencia ás clases e ás titorías sempre que sexa posible, mesmo no caso de non se acoller á modalidade de avaliación continua.
Na avaliación hase ter en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do alumnado consultar de cando en cando a información colgada na plataforma FAITIC (novidades, documentos, cualificacións, avisos, as datas de realización das diferentes probas etc.) e acudir regularmente á biblioteca.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
|