Guia docente 2023_24
Centro Universitario de la Defensa de la Escuela Naval Militar de Marín
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Almacenamento e xestión de información
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Foros de discusión Actividade desenvolvida nunha contorna virtual na que se debate sobre temas diversos e de actualidade relacionados co ámbito académico e/ou profesional. Permite avaliar as habilidades, os coñecementos e, en menor medida, as actitudes do alumno/a. Avaliarase a participación nos foros durante a fase a distancia. 10 A9
B1
B5
C16
D4
D5
Presentación Exposición por parte do alumnado, de maneira individual ou en grupo, dun tema relacionado cos contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. A través da presentación pódense avaliar coñecementos, habilidades e actitudes. Avaliarase a presentación realizada durante a fase presencial. 30 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B5
C16
D4
D5
D6
Exame de preguntas obxectivas Proba que avalía o coñecemento e que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro ou falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.). Os alumnos/as seleccionan unha resposta de entre un número limitado de posibilidades. Realizarase na fase presencial, e abrangue todos os temas da materia. 30 A6
A10
B1
B5
C16
D5
Autoavaliación Mecanismo no que, por medio dunha serie de preguntas ou actividades (neste caso, mediante unha serie de probas obxectivas) posibilítase que o alumno/a avalíe de maneira autónoma o seu grao de adquisición de coñecementos e habilidades sobre a materia, permitindo unha autorregulación do proceso de aprendizaxe persoal. Realizarase na fase a distancia, e abrangue os tres primeiros temas da materia. 30 A6
A10
B1
B5
C16
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Denominamos MED_CON á nota media de avaliación continua, que se calcula como:

MED_CON = 0.1 * Foro + 0.3 * Autoavaliación + 0.3 * Presentación + 0.3 * Exame

Será necesario obter polo menos o 50% da cualificación para superar a materia en convocatoria ordinaria.

No caso de que o alumno non consiga aprobar a materia na convocatoria ordinaria, terá dereito a unha segunda oportunidade de avaliación (convocatoria extraordinaria) nas datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Máster. A avaliación da convocatoria extraordinaria realizarase en modalidade a distancia, mediante a avaliación dun entregable (traballo) que suporá o 60% da cualificación e a realización dunha proba escrita (con preguntas de desenvolvemento e/ou tipo test) utilizando medios telemáticos, o que suporá o restante 40%. Será necesario obter polo menos o 50% da cualificación para superar a materia.

COMPROMISO ÉTICO:

Espérase que o alumnado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudiantado da Universidade de Vigo, o emprego de procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a calificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a calificación global tivese a proba en cuestión e sen perxuicio das posibles consecuencias de índole disciplinaria que puidesen producirse .

No caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en español.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000