Guia docente 2023_24
Centro Universitario de la Defensa de la Escuela Naval Militar de Marín
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Redes de banda ancha
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Foros de discusión Actividade desenvolvida nunha contorna virtual na que se debate sobre temas diversos e de actualidade relacionados co ámbito académico e/ou profesional. Permite avaliar as habilidades, os coñecementos e, en menor medida, as actitudes do alumno/a. Avaliarase a participación nos foros. A avaliación será online. 5 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B2
B3
C12
C13
D5
Presentación Exposición por parte do alumnado, de maneira individual ou en grupo, dun tema relacionado cos contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. A través da presentación pódense avaliar coñecementos, habilidades e actitudes. A avaliación realízase de forma presencial. 40 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B2
B3
C12
C13
D5
Prácticas con apoio das TIC Informe sobre as prácticas realizadas en simuladores sobre redes de banda ancha, tecnoloxías multimedia, redes tolerantes a retardos, etc. A avaliación realízase de forma presencial. 5 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B2
B3
C12
C13
D5
Autoavaliación Mecanismo no que, por medio dunha serie de preguntas ou actividades, posibilítase que o alumno/a avalíe de maneira autónoma o seu grao de adquisición de coñecementos e habilidades sobre a materia, permitindo unha autorregulación do proceso de aprendizaxe persoal. A avaliación será online. 20 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B2
C12
C13
D5
Exame de preguntas obxectivas Proba que avalía o coñecemento e que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro ou falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.). Os alumnos/as seleccionan unha resposta de entre un número limitado de posibilidades. A avaliación realízase de forma presencial. 30 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B2
C12
C13
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será necesario obter polo menos o 50% da calificación para superar a asignatura.

Convocatoria extraordinaria: No caso de que o alumno ou alumna non consiga aprobar a materia na convocatoria ordinaria, terá dereito a unha segunda oportunidade de avaliación (convocatoria extraordinaria) nas datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Mestrado. A avaliación da convocatoria extraordinaria realizarase en modalidade a distancia. Para superar o curso será necesario superar as distintas partes nas que se divide a materia: traballo tutelado, prácticas (realizaranse por parte do alumno ou alumna no seu computador e se entregarase un informe de resultados)e cuestionarios e proba escrita sobre os contidos presentados nas leccións maxistrais.

COMPROMISO ÉTICO:

Agárdase que o alumnado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como do punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, de 18 de xullo, polo que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias da índole disciplinaria que poida producirse.

No caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en español.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000