Guia docente 2023_24
Centro Universitario de la Defensa de la Escuela Naval Militar de Marín
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Xestión da seguridade e análise de riscos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Foros de discusión Actividade desenvolvida nunha contorna virtual na que se debate sobre temas diversos e de actualidade relacionados co ámbito académico e/ou profesional. Permite avaliar as habilidades, os coñecementos e, en menor medida, as actitudes do alumno/a. Avaliarase a participación nos foros. Realizarase unha actividade de foro (F) que será avaliada durante a fase a distancia: a actividade F abarcará o tema 1 da asignatura. 10 A6
A7
A10
C9
D6
Autoavaliación Mecanismo no que, por medio dunha serie de preguntas ou actividades, posibilítase que o alumno/a avalíe de maneira autónoma o seu grao de adquisición de coñecementos e habilidades sobre a materia, permitindo unha autorregulación do proceso de aprendizaxe persoal. Realizarase un cuestionario (AV) que abarcará os temas 1, 2 e 3, e realizarase durante a fase a distancia. 30 B1
C9
D6
Presentación Exposición por parte do alumnado, de maneira individual ou en grupo, dun tema relacionado cos contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. A través da presentación pódense avaliar coñecementos, habilidades e actitudes. Este traballo de presentación (P) será avaliado durante a fase presencial e abarcará o tema 1 e 2. 30 A7
A8
A9
A10
B1
B2
B3
B6
B7
C9
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de avaliación que inclúe preguntas abertas e/ou exercicios, sobre un tema. Os alumnos/as deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñan sobre a materia nunha resposta argumentada. Pódese utilizar para avaliar coñecementos e habilidades. Realizarase unha proba escrita (PE) ao final da fase presencial, na que avaliaranse os temas (1-5) da asignatura. 30 A10
B1
C9
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Se denominamos MED_CON á nota media de avaliación continua, calculase como:

MED_CON = 0.1*F + 0.3*AV + 0.3*P + 0.3*PE

Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación do 50% ou superior no conxunto das avaliacións da materia.

No caso de que o alumno non consiga aprobar a materia na convocatoria ordinaria, terá dereito a unha segunda oportunidade de avaliación (convocatoria extraordinaria) que se realizará en modalidade a distancia nas datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Máster. O proceso de avaliación en convocatoria extraordinaria será o mesmo que en convocatoria ordinaria. A presentación e a proba escrita realizaranse utilizando medios telemáticos. O alumno terá a opción de gardar as cualificacións obtidas na convocatoria ordinaria durante o mesmo curso académico.

COMPROMISO ÉTICO:

Espérase que o alumnado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudiantado da Universidade de Vigo, o emprego de procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a calificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a calificación global tivese a proba en cuestión e sen perxuicio das posibles consecuencias de índole disciplinaria que puidesen producirse .

No
caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español/inglés relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en
español.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000