Educational guide 2022_23
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Fundamentos de automática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Foros de discusión Participación (P)
Neste apartado valórase a participación e a actitude do alumno durante as sesións de teoría, prácticas e tutorías
de seminario. Eventualmente, valoraranse as distintas actividades expostas na
plataforma de docencia virtual.
5 B3
C12
D3
D9
D16
D17
D20
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba puntuable de teoría (PT1)
- Proba escrita para avaliar os coñecementos adquiridos nos temas 1 e 2
- Semana 7 do cuadrimestre.
- A proba terá 2 horas de duración.
- A proba realízase de maneira individual.
- Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.
15 B3
C12
D2
D3
D9
D16
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba puntuable de teoría (PT2)
- Proba escrita para avaliar os coñecementos adquiridos nos temas 3, 4 e 5.
- Semana 11 do cuadrimestre.
- A proba terá 2 horas de duración.
- A proba realízase de maneira individual.
- Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores
15 B3
C12
D2
D3
D9
D16
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final de teoría (ET)
- Proba escrita para avaliar os coñecementos adquiridos en todos os temas.
- Semana 14 do cuadrimestre.
- A proba terá 3 horas de duración.
- A proba realízase de maneira individual.
- Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores
40 B3
C12
D2
D3
D9
D16
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final de laboratorio (L)
- Proba escrita para avaliar os coñecementos adquiridos en todos os temas.
- Semana 14 do cuadrimestre.
- A proba terá 1 hora de duración.
- A proba realízase de maneira individual.
- Realizarase coincidindo coa proba puntuable do exame final de teoría (ET).
- Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores
25 B3
C12
D2
D3
D9
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nota final e requisitos mínimos para superar a materia mediante avaliación continua:

Para asegurar que o alumno adquiriu as destrezas mínimas en cada un dos aspectos da materia esixirase aos alumnos que alcancen unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame final de teoría, de modo que a nota final en avaliación continua (NEC) calcúlase coas seguintes fórmulas:

   MED_CON = 0,15 PT1 + 0,15 PT2 + 0,40 ET + 0,25 L + 0,05 P

   NEC = MED_CON si ET ≥ 4

   NEC = min(4, MED_CON) si ET < 4

É necesario que esta nota (NEC) sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre unha escala de 10) para superar a materia. O alumno que non supere a materia nesta convocatoria debe presentarse ao exame ordinario.

Nota final e requisitos mínimos para superar a materia no exame ordinario:

A nota final (NEO) calcúlase coa seguinte fórmula:

   NEO = 0,75 T + 0,25 L

Onde:

  • T: representa a parte teórica do exame ordinario da materia. Proba escrita individual para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións de teoría. Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.
  • L: representa a parte práctica do exame ordinario da materia. Proba escrita individual para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións prácticas. Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas relacionados coas prácticas ou algunha combinación das anteriores.

É necesario que esta nota (NEO) sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre unha escala de 10) para superar a materia. O alumno que non supere a materia nesta convocatoria ou en avaliación continua debe presentarse á convocatoria extraordinaria.

Nota final e requisitos mínimos para superar a asignatura no exame extraordinario:

A nota final (NEE)  calcúlase coa seguinte fórmula:

    NEE = 0,75 T + 0,25 L

Onde:

  • T: representa a parte teórica do exame ordinario da materia. Proba escrita individual para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións de teoría. Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.
  • L: representa a parte práctica do exame ordinario da materia. Proba escrita individual para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións prácticas. Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas relacionados coas prácticas ou algunha combinación das anteriores.

É necesario que esta nota (NEE) sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre unha escala de 10) para superar a materia. 

Criterios de avaliación en caso de fraude académica:

A fraude académica (a copia, o plaxio ou o seu facilitación a terceiros, así como o uso de dispositivos electrónicos non autorizados en calquera das probas das que consta a avaliación da materia) será penalizado da seguinte maneira:

  • Avaliación continua: o alumno non poderá aprobar a materia mediante avaliación continua, e será cualificado con NEC=0.
  • Exame ordinario: o alumno será cualificado con  NEO=0 y NPC=0.
  • Exame extraordinario: o alumno será cualificado con  NEE=0.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000