Educational guide 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Máquinas de fluídos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nestas sesións, explicaranse detalladamente os contidos teóricos básicos do programa, expondo exemplos aclaratorios cos que profundar na comprensión da materia.
Utilizaranse de forma combinada presentacións e a lousa. A principio de curso proporcionarase copia das transparencias aos alumnos que o soliciten na secretaría do centro. De todos os xeitos, as reproducións en papel das transparencias nunca deben ser consideradas como substitutos dos textos ou apuntamentos, senón como material complementario.
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio con computadora. As prácticas con computadora son de gran importancia nesta materia. Os simuladores de circuítos facilitan enormemente a compresión dos circuítos. Pola súa banda as prácticas de simulación fluidodinámica CFD permiten visualizar o fluxo tridimensional nas turbomáquinas e o movemento dos órganos desplazadores nas máquinas volumétricas.

Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma. Nalgunha das sesións prácticas exponse ao alumno a resolución dun problema como actividade de peche da práctica.
Traballo tutelado O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Resolución de problemas Resolución de problemas e/ou exercicios. O profesor realiza a resolución dun problema representativo vinculado á teoría.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000