Educational guide 2022_23
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Inglés I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Tendo en conta as metodoloxías empregadas na práctica docente así coma as diferentes actividades propostas ao longo do cuadrimestre (dirixidas a asegurar a adquisición de competencias), presentamos a contribución á nota final de cada elemento avaliado.

Elementos a avaliar
Comprensión escrita 20%
Comprensión oral 20%
Expresión escrita 30%
Expresión oral 30%

Porcentaxe total 100%

Exames (dous por cuadrimestre) 100%
Exame parcial - 30%
Exame final - 40%
70 B10
C34
D4
D8
D9
D15
D17
D18
Traballo Actividade (15%) 15 B10
C34
D4
D5
D7
D8
D9
D15
D17
D18
Exame oral Actividade (15%) 15 B10
C34
D4
D5
D7
D8
D9
D15
D17
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os exames teñen como obxectivo a avaliación da aprendizaxe de todos os contidos seleccionados para a materia. Deben ser completos, é dicir, aspirarán a cubrir toda a materia impartida, posto que se trata de xulgar o que o alumnado sabe dunha materia no seu conxunto, non dunha parte dela. Ao exame parcial correspóndelle o 30% da nota global da avaliación continua, e ao exame final correspóndelle o 40%, posto que este último abarca toda a materia impartida ao longo do cuadrimestre. Ademais, no exame final, para o cálculo da nota global da avaliación continua, esixirase

1. Obter polo menos o 40% da puntuación asignada en todas e cada unha das catro partes das que se compón o exame, correspondentes ás catro destrezas lingüísticas.

Si o/a estudante non cumpre esta condición, a nota da parte do exame na que o/a estudante obteña maior puntuación converterase na nota do exame final e, por conseguinte, da avaliación continua. Esta nota nunca será superior a 3/10, posto que esta é a máxima nota posible en cada unha das dúas partes do exame ás que lles corresponden maior puntuación (expresión escrita e expresión oral). Para aprobar a materia na fase de avaliación continua, o/a estudante debe obter polo menos 5 puntos no cómputo global.

Exame ordinario e/ou extraordinario

Para aprobar este exame, que incluirá actividades destinadas a avaliar o dominio de cada unha das catro destrezas lingüísticas, esixirase

1. Aprobar (obter polo menos a metade da puntuación asignada en) todas e cada unha das catro partes das que se compón o exame, correspondentes ás catro destrezas lingüísticas.

Se o/a estudante non cumpre esta condición, a nota da parte do exame na que o/a estudante obteña maior puntuación converterase na nota do exame e, por conseguinte, da avaliación. Esta nota nunca será superior a 3/10, posto que esta é a máxima nota posible das dúas partes do exame ás que lles corresponden maior puntuación (expresión escrita e expresión oral).

Tanto nos exames de avaliación continua (exame parcial e exame final) coma nos exames ordinario e extraordinario, todo o alumnado, independientemente do grupo de clase no que se atope situado (1, 2, 3 ou 4), examínase da mesma materia de carácter obrigatorio no Grao de Enxeñaría Mecánica do Centro Universitario da Defensa, Inglés I. Polo tanto, para a realización das probas orais, os estudantes serán agrupados seguindo un criterio obxectivo e ecuánime. Aínda que, na medida do posible, tratarase de que a agrupación de estudantes para a realización das devanditas probas se corresponda cos grupos de clase, esta non será unha condición obrigatoria.


NOTAS IMPORTANTES:
1. Durante o tempo de realización de exames, a utilización de dispositivos electrónicos está totalmente prohibida por parte do alumnado (exceptuando a aquel/aquela estudante que estea de garda, quen poñerá o seu teléfono móbil enriba da mesa, á vista do profesorado que vixíe o exame en cuestión). Se o profesorado que vixía os exames detecta que un/unha estudante (exceptuando o/a estudante que estea de garda, a quen se lle permitirá ter o teléfono móbil regulamentario) atópase en posesión, manipula e/ou emprega un dispositivo electrónico, a nota deste/esta estudante será 0 no conxunto do exame e, se o/a estudante se atopa realizando o exame ordinario/extraordinario, a súa nota tamén será 0 no conxunto da avaliación. Baixo ningún concepto se contemplarán permisos extraordinarios destinados a que o alumnado poida dispoñer de dispositivos electrónicos durante o tempo de realización de exames.

2. A organización dos procedementos de exames, que se publica na orde diaria e na plataforma da materia, depende unica e exclusivamente da coordinadora da materia, quen consensuará esta organización previamente coa dirección do CUD. Baixo ningún concepto se contemplarán cambios nesta organización que deriven de decisións tomadas por persoas que non sexan a coordinadora da materia e a dirección do CUD. A nota do alumnado que non cumpra coas directrices de organización será 0 no exame e, no caso de que o incumprimento das normas de organización se producise durante un exame ordinario/extraordinario, a nota será 0 no conxunto da avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000