Educational guide 2022_23
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Mecánica de fluídos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nestas sesións, explicaranse detalladamente os contidos teóricos básicos do programa, expondo exemplos aclaratorios cos que profundar na comprensión da materia.
Utilizaranse presentacións informáticas e a pizarra. Na medida do posible, proporcionarase copia das diapositivas aos alumnos con anterioridade á exposición, centrando o esforzo do profesor e do alumnado na exposición e comprensión dos coñecementos. De todos os xeitos, as reproducións en papel das diapositivas nunca deben ser consideradas como substitutos dos textos ou apuntamentos, senón como material complementario.
Prácticas de laboratorio Nas clases prácticas aplicaranse os conceptos desenvolvidos en cada tema á realización de prácticas de laboratorio. Deseñáronse unha serie de prácticas (PL1 a PL5) acorde co desenvolvemento da materia de teoría co fin de fixar conceptos explicados nesa clase.

Metodoloxías integradas
• Aprendizaxe baseada en proxectos. Algunhas sesións prácticas (PL6: Traballo tutelado) dedicaranse ao seguimento dos traballos expostos aos diversos grupos nos que se divide o alumnado. Proporcionarase sempre material e bibliografía, aínda que tamén se pretende fomentar a capacidade de procura de información, capacidade de síntese, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000