Educational guide 2022_23
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Teoría de máquinas e mecanismos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Memorias de Prácticas (MP):
Informes a entregar por cada práctica de laboratorio (no caso de que a práctica se realice en grupo, soamente se entregara unha memoria de grupo). Cada memoria será cualificada sobre 10 puntos. A nota MP será o valor medio das cualificacións obtidas en cada memoria entregada e suporá un 10% da nota de avaliación continua.
10 B3
B4
C13
D2
D6
D9
D10
D16
Seminario Exercicios Avaliables (EE):
Resolucións de problemas a entregar que se proporán ao longo do curso (en particular nas horas de seminario). Cada exercicio será cualificado sobre 10 puntos. A nota EE será o valor medio das cualificacións obtidas en cada exercicio entregado e suporá un 10% da nota de avaliación continua.
10 B3
B4
C13
D2
D9
D10
D16
Traballo tutelado Traballo en Grupo (TG):
Proxecto en grupo consistente na entrega dunha memoria e unha exposición oral. O traballo será cualificado sobre 10 puntos. A nota TG suporá un 10% da nota de avaliación continua.
10 B3
B4
C13
D2
D6
D9
D10
D16
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas Parciais (PP):
Dúas probas escritas (cuestións teóricas e problemas) que avalían os contidos impartidos até o momento. Estas probas intercalaranse coas sesións de teoría durante o cuadrimestre. Cada proba será cualificada sobre 10 puntos. As notas PP1 (15%) e PP2 (15%) suporán un 30% da nota de avaliación continua.
Proba Final (PF):
Proba escrita (cuestións teóricas e problemas) que avalía toda a materia impartida. Esta proba realizarase ao final do cuadrimestre. A proba final será avaliada sobre 10 puntos. A nota PF suporá un 40% da nota de avaliación continua.
70 B3
B4
C13
D2
D9
D10
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno disporá
de dúas convocatorias para superar a materia: a convocatoria ordinaria e a
extraordinaria. Na convocatoria ordinaria, contémplanse dúas opcións para
superar a materia: mediante avaliación continua ou mediante un exame final
(exame ordinario) que incluirá todos os contidos da materia. En caso de
suspender a primeira convocatoria, o alumno poderá superar a materia superando
o exame extraordinario, que igualmente incluirá todos os contidos da materia.

Empregarase un
sistema de cualificación numérico con valores de 0 a 10 puntos, segundo a
lexislación vixente (R.D. 1125/2003 de 5 de setembro, B.O.E. nº 224 de 18 de
setembro).

Convocatoria
ordinaria: avaliación continua

O método de
avaliación continua (EC) valorará os resultados acadados polos alumnos nas
diferentes actividades realizadas ao longo do curso, agrupándose en cinco
partes: Proba final (PF), Probas parciais (PP), Memorias de prácticas (MP),
Exercicios Avaliables (EE), e Traballo en grupo (TG). A nota de cada parte
calcularase como a media aritmética dos ítems realizados ata o momento da
avaliación nesa parte.

Realizaranse dúas
probas parciais (PP) ao longo do curso Estas probas de avaliación continua
intercalaranse coas sesións de teoría. O alumno deberá presentar unha memoria
por cada práctica de laboratorio sempre que así se indique na realización da
mesma, que serán avaliadas no ítem MP. Nas horas de seminario e/ou de clase
teórica poderáselle propoñer ao alumno a realización e entrega de diferentes
exercicios, que serán avaliados no ítem EE. No caso de que algún alumno non
poida asistir a unha sesión na que se realicen exercicios avaliables por causa
de forza maior, este deberá avisar por correo electrónico aos profesores para
que se teña rexistro e esta circunstancia se teña en conta no momento da
avaliación. Ademais, os alumnos deberán realizar e expoñer un traballo en grupo
sobre o deseño dun mecanismo (práctica de laboratorio PL5) que será avaliado no
ítem TG. A proba final de avaliación continua (PF) incluirá todos os contidos
da materia.

A nota da
avaliación continua (NEC) será o resultado de aplicar a media aritmética
ponderada da nota de cada unha das partes (PF, PP, MP, EE e TG), segundo se
reflicte a continuación:

NEC = 0,40 PF +
0,15 PP1 + 0,15 PP2 + 0,10 MP + 0,10 EE + 0,10 TG

Para aprobar a
materia por avaliación continua, deberanse cumprir tres condicións: i) ter
realizado todas as tarefas avaliables (salvo casos debidamente xustificados);
ii) ter unha cualificación de polo menos 4 puntos sobre 10 na proba final de
avaliación continua (PF); iii) ter un valor de NEC maior ou igual a 5. No caso
de incumprirse algunha das dúas primeiras condicións, a nota do alumno será a
mínima entre a súa NEC e 4, pasando a obter unha cualificación de suspenso na
avaliación continua da materia.

Convocatoria
ordinaria: exame ordinario

Aqueles alumnos
que non consigan superar a materia polo método de avaliación continua, deberán
presentarse ao exame ordinario, onde se avaliarán todas as competencias da
materia. Os resultados deste exame suporán o 100% da nota final do alumno,
sendo requisito indispensable para superar a materia obter unha cualificación maior
ou igual a 5 puntos sobre 10. Por último, cómpre sinalar que todos os alumnos
teñen a opción de mellorar a súa cualificación obtida por avaliación continua
(NEC) presentándose ao exame ordinario.

Convocatoria
extraordinaria

Os alumnos que
non superasen a materia na convocatoria ordinaria realizarán un exame
extraordinario que terá o mesmo formato e os mesmos requisitos que o exame
ordinario.

Compromiso ético

Na súa dobre
condición de militar e de estudante da Universidade de Vigo, o alumado está
suxeito ás obrigas derivadas de ambas institucións. No que se refire aos
estudantes universitarios, o Estatuto do Estudante Universitario, aprobado polo
Real decreto 1791/2010, do 30 de decembro, establece no seu artigo 12, punto
2d, que o estudante universitario ten o deber de absterse da utilización ou
cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos
traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade. Así mesmo,
a LCM, no seu artigo 4 relativo ás normas de comportamento militar, establece
na súa norma décimo quinta que este cumprirá con exactitude os seus deberes e
obrigas impulsado polo sentimento de honra...

Polo tanto,
espérase que o alumno teña un comportamento ético adecuado. Se se detectase un
comportamento pouco ético durante a realización de calquera proba ou exercicio
avaliable (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados ou
outros), o alumno en cuestión non superará a materia por avaliación continua
(na que obterá unha cualificación de 0,0). Así mesmo, se este tipo de
comportamento se detectase no exame ordinario ou no exame extraordinario, o
alumno obtería na citada convocatoria unha cualificación de 0,0.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000