Educational guide 2022_23
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Resistencia de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba Final (PF) que representa o 40% da Avaliacióin Continua (EC).

2 Controis Teórico-Prácticos (PT) que representan: 2x15%=30% da EC.
70 B3
B4
C14
D1
D2
D9
D10
D16
Práctica de laboratorio Memorias de Prácticas (PL) que representan o 20% da EC.

Cuestionarios e test (CT) que representan o 10% da EC.
30 B3
B4
C14
D1
D2
D9
D16
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Convocatoria ordinaria: avaliación continua 

O método de avaliación continua ( EC) valorará os resultados alcanzados polos alumnos nas diferentes actividades realizadas ao longo do curso, agrupándose en catro partes: Proba Final ( PF), Controis Teórico-Prácticos (PT), Prácticas de Laboratorio ( PL) e Memorias Entregables ( PE). Os pesos para cada parte serán: PF 40 %, PT 30 %, PL 20 % e CT 10 %. 

Realizaranse dous controis de avaliación de coñecementos teórico-prácticos (PT1 e PT2) ao longo do curso. Cada un deles supoñerá un 15 % da nota final de avaliación continua. Estes controis se intercalarán coas sesións de teoría. Nótaa PT será a media aritmética de PT1 e PT2. 

 O alumno será avaliado de cada práctica de laboratorio realizada ( PL1 a PL7). Cada práctica suporá un 3% da avaliciación continua, excepto a PL2 e PL7 que serán un 2,5%Esta avaliación realizarase mediante memorias da práctica ou cuestionarios con contidos relativos a elas. Podería darse a situación que para avaliar unha única práctica pedísese unha memoria e un cuestionario simultaneamente. A entrega das memorias e a realización dos cuestionarios realizarase telemáticamente mediante a plataforma MOOVI. Ademais, nas horas de seminario e/ou de clase teórica, propoñerase ao alumno a realización e entrega de diferentes exercicios ( PE). 

 A proba final de avaliación continua ( PF) incluirá todos os contidos da materia e terá un peso do 40% na nota final de avaliación continua. 

 A nota da avaliación continua ( NEC) será o resultado de aplicar a media aritmética ponderada da nota de cada unha das partes ( PF, PT, PL e PE), tal e como se reflicte na seguinte ecuación:

NEC=0,4 PF+0,3 PT+0,2 PL+0,1 CT 

Para aprobar a avaliación continua, deberanse cumprir dúas condicións: ter unha NEC≥5 e unha PF≥4. En caso de incumprirse a última condición, ignorarase a cualificación PL, pasando a obter unha cualificación de suspenso na avaliación continua da materia, cunha puntuación igual ao mínimo de 4.0 e a media ponderada de PF e PT. 

Convocatoria ordinaria: exame ordinario 

Aqueles alumnos que non consigan superar a materia polo método de avaliación continua deberán presentarse ao exame ordinario, onde se avaliarán todas as competencias da materia. Os resultados deste exame supoñerán o 100% da nota final do alumno, sendo requisito para superar a materia obter unha cualificación maior ou igual ao 5. Por último, cabe destacar a opción que todo alumno ten para subir o seu NEC. Noutras palabras, os alumnos que superasen a materia por avaliación continua terán a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para mellorar a súa nota. 

 Convocatoria extraordinaria 

Os alumnos que non superasen a materia na convocatoria ordinaria realizarán un exame extraordinario que terá o mesmo formato e os mesmos requisitos que o exame ordinario. 

Compromiso ético

Na súa dobre condición de militar e alumno da Universidade de Vigo, este está suxeito ás obrigacións derivadas de ambas as institucións. No que a alumno universitario concierne, o Estatuto do Estudante Universitario, aprobado polo Real Decreto 1791/2010 do 30 de decembro, establece no seu artigo 12, punto 2d, que o estudante universitario ten o deber de “absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade”. Así mesmo, a Lei 39/2007 da Carreira Militar, no seu artigo 4 concernente ás regras de comportamento do militar, establece na súa décimo quinta regra que este “cumprirá con exactitude os seus deberes e obrigacións impulsado polo sentimento da honra, […]”.

Por iso, espérase que o alumno teña un comportamento ético adecuado. Se se detectase un comportamento pouco ético durante o curso (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados ou outros), penalizarase ao alumno cunha nota de “0,0” na proba escrita ou entregable e terá unha NEC de “0,0” á finalización do cuadrimestre.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000