Educational guide 2022_23
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Termodinámica e transmisión da calor
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio A avaliación levarase a cabo mediante entregables e un cuestionario (ECP). O cuestionario realizarase a través de Moovi, onde se avaliará ao alumnado sobre os coñecementos adquiridos en clase e no laboratorio, relacionados coas prácticas. Por outra banda, os entregables de cada práctica permitirán avaliar a calidade da toma de datos experimental, a comprensión da práctica, a capacidade de síntese, o razoamento lóxico, o traballo en equipo e a procura de fontes de información apropiadas, como referencias bibliográficas de calidade que axuden á comprensión da problemática exposta e a contrastar os resultados obtidos. A nota de cada entregable de prácticas e do cuestionario será sobre 10 puntos. A nota global de prácticas será a media das notas de todos os entregables e do cuestionario. 20 B4
B5
B6
B7
B11
C7
D2
D7
D9
D10
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante o curso exporanse diferentes tarefas avaliables (TE), algunhas serán individuais e outras poderán ser en grupo. Estas tarefas terán como obxectivo fomentar o seguimento dos contidos teórico/prácticos e profundar noutros aspectos chave da materia, como poden ser o manexo e aplicación de regulamentos como o Código Técnico de Edificación en cuestións de aforro enerxético. Ditas actividades serán obrigatorias e puntuadas, cada unha delas, sobre 10 puntos. 10 B4
B5
B6
B7
B11
C7
D2
D7
D9
D10
D17
Exame de preguntas obxectivas Probas parciais (PP)

Teñen como obxectivo a avaliación da aprendizaxe dos contidos teóricos e da capacidade de resolución de problemas, impartidos tanto nas sesións maxistrais como en seminarios. Confeccionaranse para xulgar o que o alumnado sabe a parte correspondente da materia, xa que se realizarán dúas PP ao longo do curso (cun peso do 15% cada unha). Estas probas consistirán nunha serie de cuestións e exercicios que primen o razoamento conceptual e lóxico, a fin de verificar a madurez intelectual dos alumnos para obter conclusións a partir das nocións ou das teorías expostas en clase. Ditas probas serán obrigatorias e puntuadas sobre 10 puntos.
30 B4
B5
B7
B11
C7
D2
D7
D9
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final (EF)

Ten como obxectivo a avaliación da aprendizaxe dos contidos teóricos e da capacidade de resolución de problemas, impartidos tanto nas sesións maxistrais como en seminarios. Confeccionaranse para xulgar o que o alumnado sabe de toda a materia.
Esta proba consistirá nunha serie de cuestións e exercicios que primen o razoamento conceptual e lóxico, a fin de verificar a madurez intelectual dos alumnos para obter conclusións a partir das nocións ou as teorías expostas en clase. Dita proba será obrigatoria e puntuada sobre 10 puntos.
40 B4
B5
B7
B11
C7
D2
D7
D9
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Exames Ordinario e Extraordinario

Aqueles alumnos que non consigan superar a materia polo método de avaliación continua, deberán presentarse ao exame ordinario, onde se avaliarán todas as competencias da materia traballadas tanto nas sesións de teoría, seminarios e prácticas. Os resultados deste exame suporán o 100% da nota final do alumno, sendo requisito imprescindible para superar a materia obter unha cualificación maior ou igual a 5 puntos sobre 10.

No caso de que o alumno non supere a convocatoria ordinaria, este pasaría directamente a realizar a segunda convocatoria do mes de xullo.
Neste exame extraordinario avaliarase ao alumnado de todos os contidos teórico/prácticos impartidos na materia durante o curso ordinario.
100 B4
B5
B6
B7
B11
C7
D2
D7
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A Nota final de Avaliación Continua (NEC) calcularase do seguinte modo:

NEC =0,4·EF + 0,15·PP1 + 0,15·PP2+ 0,1·TE + 0,2·ECP

O alumno deberá presentarse ao exame ordinario nos seguintes supostos: 

  • A NEC é menor que 5 puntos sobre 10. 
  • A non realización ou entrega dalgún dos puntuables anteriores.
  • A nota do exame final de avaliación continua é inferior a 4 puntos sobre 10.

No caso de que non se cumpran ditas condicións, a nota máxima do alumno por avaliación continua será un 4,0. En calquera caso, o alumno que supere a avaliación continua, terá a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para subir nota. 

COMPROMISO ÉTICO: no caso de que se detecte fraude académica (copia total ou parcial, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados ou outros) por parte dun alumno ou grupo de alumnos seguiranse as seguintes normas: 

  1. Se a fraude académica se producise algún dos entregables e/ou no cuestionario de prácticas (ECP), a nota total de prácticas será 0,0 independentemente da obtida no resto das mesmas. 
  2. Se devandita fraude académica se producise nalgunha das probas parciais ou no exame final de avaliación continua, o alumno suspenderá a avaliación continua cun 0,0 e deberá presentarse directamente á convocatoria ordinaria.
  3. Se a fraude académica ten lugar nunha convocatoria oficial (ordinaria ou extraordinaria) suspenderá dita convocatoria cun 0,0.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000