Educational guide 2022_23
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Termodinámica e transmisión da calor
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Impártense en grupos de aproximadamente 40 alumnos. Para complementar a atención personalizada levará a cabo unha acción titorial. No ámbito da acción titorial, distínguense accións de titoría académica (en grupo ou individualizadas), así como de titoría personalizada. Conxugando ámbolos dous tipos de acción titorial, preténdense compensar os diferentes ritmos de aprendizaxe mediante a atención á diversidade. O profesorado da materia atenderán as dúbidas e consultas dos alumnos e alumnas de forma presencial ou por medios telemáticos (videoconferencia, correo electrónico, foros de Moovi, etc.) baixo a modalidade de cita previa.
Prácticas de laboratorio Atención personalizada en grupos de 20 alumnos. Compleméntase con titorías académicas e titorías personalizadas.
Resolución de problemas Atención personalizada en grupos de 10 alumnos. Compleméntase con titorías académicas e titorías personalizadas.
Seminario Acción titorial continua, de apoio constante por parte do docente ao proceso de aprendizaxe do alumno/a. Os estudantes reciben unha atención personalizada en pequenos grupos. Compleméntase con titorías académicas e titorías personalizadas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000