Educational guide 2022_23
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Termodinámica e transmisión da calor
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nas clases de teoría explícanse os fundamentos de cada tema. Ademais da información publicada na plataforma de teledocencia Moovi, que contén o documento coa presentación dos temas, os alumnos dispoñen na bibliografía dos libros de texto recomendados, onde se atopa desenvolvido o tema que se está estudando dunha forma máis pormenorizada.
Prácticas de laboratorio Nas clases prácticas aplicaranse os conceptos desenvolvidos en cada tema á resolución de problemas. Deseñáronse unha serie de prácticas acordes co desenvolvemento da teoría co fin de fixar conceptos explicados nesas clases e que así o alumno vaia desenvolvendo a súa habilidade para expor solucións técnicas, e a súa creatividade.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma.
Seminario Curso intensivo de 15 horas para aqueles alumnos que suspenderon a materia en primeira
convocatoria, previo ao exame en segunda convocatoria. O profesorado repasará brevemente conceptos teóricos relativos aos contidos dos que se compón a presente materia e proporá a resolución de problemas, tutelando de forma individualizada o traballo de cada estudante. Os métodos didácticos adoptados baséanse maioritariamente na participación activa do alumno/a.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000