Educational guide 2022_23
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía dos materiais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nas clases de teoría explícanse os fundamentos de cada tema.
Os alumnos dispoñen por adiantado dun libro de texto onde se atopa desenvolto o tema que se está estudando, ademais da información da web que contén o arquivo coa presentación do tema.
Prácticas de laboratorio Nas clases prácticas aplicaranse os conceptos desenvolvidos en cada tema á resolución de problemas.
Deseñáronse unha serie de prácticas acorde co desenvolvemento da materia de teoría co fin de fixar conceptos explicados nesa clase e así o alumno vaia desenvolvendo a súa habilidade para expor solucións técnicas, e ir desenvolvendo a súa creatividade.
A totalidade das prácticas serán realizadas nos laboratorios correspondentes (materiais, química e informática), e serán realizadas integramente polos alumnos en pequenos grupos (3-4 alumnos).
Resolución de problemas Nos seminarios aos alumnos propónselles unha serie de exercicios e problemas que teñen que realizar en grupo.
Elabórase o material docente que teñen que utilizar, e discutiranse as diferentes alternativas traballando en grupo e farase unha posta en común das alternativas estudadas.
Seminario Curso intensivo de 15 horas para aqueles alumnos que suspenderon a materia en primeira
convocatoria, previo ao exame en segunda convocatoria. Titorías grupais co profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000