Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra
Grao en Enfermaría
 Materias
  Metodoloxía da investigación
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B3 Saber aplicar os fundamentos e principios técnicos e metodolóxicos da enfermaría
B6 Aplicar as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles
B8 Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e consentimento informado na toma de decisións das persoas atendidas, acorde coa forma en que viven o seu proceso de saúde-enfermidade
B10 Protexer a saúde e o benestar das persoas, familias ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade
B12 Aplicar o código ético e deontolóxico da enfermaría española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación
B13 Aplicar os principios de financiamento sanitario e sociosanitario e utilizar axeitadamente os recursos dispoñibles
B14 Establecer mecanismos de avaliación, considerando os aspectos científico-técnicos e de calidade
B16 Ser capaz de utilizar os sistemas de información sanitaria
C8 Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde.
C12 Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses.
C17 Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade das persoas atendidas.
C24 Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
C25 Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade.
C26 Analizar os datos estatísticos referidos a estudos da poboación, identificando as posibles causas de problemas de saúde.
C33 Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
C45 Coñecer o Sistema Sanitario Español.
C46 Identificar as características da función directiva dos servizos de enfermaría e a xestión de coidados.
C47 Coñecer e ser capaz de aplicar as técnicas de dirección de grupos.
C48 Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermaría.
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de organización y planificación
D3 Capacidade de xestión da información
D4 Resolución de problemas e toma de decisions
D5 Traballo en equipo, multidisciplinar e multilingüe
D6 Habilidades nas relacións interpersoais
D7 Razoamento crítico
D8 Aprendizaxe autónomo
D9 Adaptación a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor. Creatividade.
D10 Motivación pola calidade
D11 Sensibilidade cara a temas ambientais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000