Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica III
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B7 Saber comprender, sen prexuízos, as persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, ademais de garantir o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional
B8 Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e consentimento informado na toma de decisións das persoas atendidas, acorde coa forma en que viven o seu proceso de saúde-enfermidade
C28 Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases.
C29 Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
C30 Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación.
C31 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
C32 Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
C33 Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de organización y planificación
D3 Capacidade de xestión da información
D4 Resolución de problemas e toma de decisions
D5 Traballo en equipo, multidisciplinar e multilingüe
D6 Habilidades nas relacións interpersoais
D7 Razoamento crítico
D8 Aprendizaxe autónomo
D9 Adaptación a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor. Creatividade.
D10 Motivación pola calidade
D11 Sensibilidade cara a temas ambientais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000