Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría comunitaria II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Consiste en sesións de clase expositivas nas que se combinan a presentación teórica dos contidos por parte do profesor coa participación activa do alumno.Realízase a grupo único e segundo o calendario de planificación de actividades preestablecido
Seminario Neles realízase a aprendizaxe baseada en problemas. Así mesmo, expoñeranse os exercicios individuais ou grupales que se realicen relacionados cos contidos da materia. Lévanse a cabo con toda a clase en distintos grupos pre-determinados e desenvólvense segundo o cronograma da materia.Se corresponden aos contidos do módulo 1
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Lévase a cabo de xeito individual e en grupo, tanto en espazos académicos internos como externos. Notificarase con tempo abondo a realización destes dependendo dos horarios facilitados polas institucións externas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000