Debate |
Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente. |
40 |
A4 A5
|
|
C11
|
D5 D6
|
- A
información sobre as actividades avaliativas está dispoñible no espazo da
materia no campus virtual, baixo a etiqueta “Avaliación” de cada tema. - O
alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda
convocatoria) a partir da adaptación que destas actividades realice o
docente e cuxo contido será colgado da plataforma. - Será
requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da
mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada* do alumnado que deberán
subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de
setembro.
(*) A única finalidade do
tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a
identidade do alumnado matriculado na mesma. A base de lexitimación
para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo
6.1e) do RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poderes
públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei
39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións
públicas e no artigo 25.7 do RD 1791/2010, de 30 de decembro, polo que se
aproba o Estatuto do Estudante Universitario. O acceso á imaxe e aos
datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a
realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán
utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o
correspondente deber de confidencialidade dos mesmos. |