Guia docente 2022_23
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Máster Universitario en Dirección pública e liderado institucional
 Materias
  Ética e transparencia no sector público
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecidas polo profesor. 60 A2
B8
C3
D1
D3
Debate Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral. 40 A5
B6
D2
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • A
    información sobre as actividades avaliativas está dispoñible no espazo da
    materia no campus virtual, baixo a etiqueta “Avaliación” de cada tema.
  • O
    alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda
    convocatoria) a partir da adaptación que destas actividades realice o
    docente e cuxo contido será colgado da plataforma.
  • Será
    requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da
    mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada* do alumnado que deberán
    subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de
    setembro.

(*) A única finalidade do
tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a
identidade do alumnado matriculado na mesma.

A base de lexitimación
para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo
6.1e) do RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poderes
públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei
39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións
públicas e no artigo 25.7 do RD 1791/2010, de 30 de decembro, polo que se
aproba o Estatuto do Estudante Universitario.

O acceso á imaxe e aos
datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a
realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán
utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o
correspondente deber de  confidencialidade dos mesmos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000