Guia docente 2022_23
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Máster Universitario en Dirección pública e liderado institucional
 Materias
  Unión Europea: Institucións e políticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios As e os estudantes realizarán unha actividade final do tema 1 e 2. A actividade estará dirixida e supervisada polo equipo docente responsable e toda a información relativa á mesma mesma
poderá consultarse na plataforma virtual de docencia.
50 A1
A5
B3
C6
D3
D5
D8
Traballo Proba para a avaliación das competencias adquiridas que inclúe un ensaio ou traballo sobre a segunda parte da materia (temas 3 e 4). 50 A1
A5
B3
C6
D1
D2
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • A
    información sobre as actividades avaliativas está dispoñible no espazo da
    materia no campus virtual, baixo a etiqueta “Avaliación” de cada tema.
  • O
    alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda
    convocatoria) a partir da adaptación que destas actividades realice o
    docente e cuxo contido será colgado da plataforma.
  • Será
    requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da
    mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada* do alumnado que deberán
    subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de
    setembro.

(*) A única finalidade do tratamento
deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a identidade do
alumnado matriculado na mesma.

A base de lexitimación para o
tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo 6.1e) do
RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poderes públicos
conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei 39/2015, do
1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas
e no artigo 25.7 do RD 1791/2010, de 30 de decembro, polo que se aproba o
Estatuto do Estudante Universitario.

O acceso á imaxe e aos datos persoais
do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a realización
das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán utilizados
nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o correspondente
deber de  confidencialidade dos mesmos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000