Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
 Materias
  Xestión da Información e Metodoloxía para a Elaboración de Resultados
   Competencias
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Habilidade para recuperar e analizar información de diversas fontes.
C2 Entender os fundamentos da xestión de información e documentación para o desenvolvemento, elaboración e defensa dunha investigación no eido das ciencias sociais tanto en castelán coma en inglés.
D1 Capacidade de argumentar e defender ideas en base a criterios científicos.
D2 Capacidade de crítica e auto-crítica.
D4 Capacidade para comunicarse con expertos do mesmo eido e doutros eidos afíns así como con públicos non especializados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000