Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
 Materias
  Auditoría e Avaliación Pública
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2016_17
Materia Auditoría e Avaliación Pública Código P04M125V01110
Titulación
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Coordinador/a
Varela Álvarez, Enrique José
Correo-e evalvarez@uvigo.es
Profesorado
Varela Álvarez, Enrique José
Web http://http://webdepx11.webs.uvigo.es/index.php/gl/component/content/article/48.html
Descrición xeral Materia vinculada co rendemento e a percepción das organizacións públicas, mesmo das institucións do Estado multinivel.
Así a auditoría (do latín *audire, *oir ou escoitar) e a avaliación (sinalar e/ou calcular o valor de algo, estimar, apreciar) son dúas formas de aproximar aos expertos á implementación das políticas e programas públicos, tamén ao funcionamento das organizacións e mesmo dos empregados públicos que traballan con elas. Non hai que esquecer a "outra mirada", a que lle corresponde aos usuarios, clientes, administrados, todos eles cidadáns, destas organizacións públicas. Unha parte da avaliación "inmaterial" fana eles (nós), a través das múltiples interaccións que temos co funcionamento dos servizos públicos locais, autonómicos e/ou estatais.

Vemos así, que a auditoría e avaliación non son outra cousa que aproximacións científicas a un maior e mellor coñecemento sobre o rendemento de todo aquilo que se define como a "cousa pública".

Na materia que comezamos a continuación, imos centrar os esforzos de aprendizaxe nunha das dimensións deste binomio: a avaliación do impacto. Para iso, analizaremos os modelos de avaliación das organizacións de forma que podamos distinguir entre resultados e impacto, entre percepción e satisfacción.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000