Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Técnicas de relacións públicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado A avaliación dos coñecementos realizarase mediante un seguimento continuo dos distintos traballos prácticos que se vaian realizando ao longo do curso. Neste apartado están incluídos, especificamente, os traballos feitos fóra da aula e o traballo final da materia. 40 C12
C14
C15
D1
D3
D4
Seminario Neste apartado están incluídos os estudos de caso, os debates, as presentacións e os traballos feitos na aula. 20 C12
C14
C15
D1
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas O apartado teórico será avaliado cun exame e outras probas sobre os contidos explicados nas sesións maxistrais. 40 C12
C14
C15
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É RESPONSABILIDADE DO ALUMNO OU ALUMNA ESTAR ATENTO Á INFORMACIÓN SUBIDA E RECOMPILAR A INFORMACIÓN ESPECÍFICA E COMPLEMENTARIA QUE SEXA PRECISA PARA SUPERAR A MATERIA.

AVALIACIÓN CONTINUA

a. Proba teórica (40%): Inclúe os temas e contidos vistos na aula, complementados coa bibliografía. O alumno/a deberá presentarse a un exame nas datas que determine o calendario oficial aprobado en Xunta de Facultade. O exame consistirá nun test no que as preguntas terán tres posibles respostas, sumando cada unha das correctas x puntos e restando as erróneas a metade de x; de tal forma que dúas preguntas incorrectas anulan unha correcta. As preguntas non contestadas nin suman nin restan.

Para aprobar a parte teórica débese obter, como mínimo, un 2 sobre 4 puntos.

b. Parte práctica: as clases prácticas son presenciais e obrigatorias. A non asistencia ao 15% das clases prácticas supón a non aprobación desta parte por avaliación contínua. Na parte práctica realizaranse:

- Traballos semanais na aula (20%) relacionados co tema que, ao mesmo tempo, estea a explicarse nas aulas teóricas. Todos eses traballos serán, á súa vez, pasos previos do traballo final da materia.

- Traballo final (40%), que consistirá na organización colectiva dun evento público ao final do semestre. O programa do evento virará ao redor dun tema central que será decido na primeira semana de clase e compoñerase de diversos microeventos a desenvolver nunha mesma xornada, sendo responsable de cada un deles cada un dos grupos de traballo nos que se dividan os catro grupos prácticos da materia. 

Os 6 puntos da parte práctica dividiranse do seguinte xeito: 

- 4 puntos polo deseño, produción e execución do microevento en cuestión ao longo do curso.

- 2 puntos polo resto de traballos realizados.

Para superar, por tanto, a parte práctica da materia, debe obterse como mínimo, un 3 sobre 6 no conxunto de traballos feitos. 

Observacións sobre a avaliación continua:

  • Para superar a materia é necesario aprobar as tres partes avaliables da mesma, acadando a nota mínima indicada para cada unha delas nos puntos anteriores.
  • Os docentes valorarán engadir ata un punto na cualificación individual final do alumno/a se a súa asistencia ás clases teóricas foi superior ao 75% e foi participativa.
  • En caso de non superar algunha das partes da materia (teoría, traballos en aula e traballo final), a nota final da convocatoria en cuestión será a mínima das notas obtidas nos distintos apartados que son avaliados, nunha escala de 0 a 10.

AVALIACIÓN GLOBAL

a. Proba Teórica: 40%

b. Traballos prácticos final: 40%

c. Traballos en aula: 20%

Para superar a materia é necesario aprobar as tres partes avaliables da mesma, acadando a nota mínima indicada para cada unha delas nos puntos anteriores.


En caso de non superar algunha das partes da materia (teoría, traballos en aula e traballo final), a nota final da convocatoria en cuestión será a mínima das notas obtidas nos distintos apartados que son avaliados, nunha escala de 0 a 10.

COMENTARIOS SOBRE A AVALIACIÓN

  • Os alumnos/as coa materia pendente de cursos anteriores, que non poidan asistir presencialmente por coincidencia co horario doutra materia, deben poñerse en contacto cos profesores no mes de setembro para planificar o desenvolvemento dos traballos.
  • A nota de cada unha das partes avaliables da materia (exame, traballos en aula e traballo final) aprobadas na primeira oportunidade (maio) gardarase, só durante o curso actual, para a segunda oportunidade (xullo), de tal forma que en xullo as persoas que se atopen nesta situación só se examinarán da parte ou partes que suspendesen anteriormente. Se a parte suspensa son os traballos en aula ou o traballo final, os alumnos/as deben poñerse en contacto cos profesores tan pronto como lles sexa comunicada a nota da primeira oportunidade, a fin de que lles marquen con antelación suficiente os traballos a realizar para poder superala. 
  • Se segue sen superarse a materia na convocatoria extraordinaria de xullo, deberá cursarse na súa totalidade en futuras convocatorias e ano académicos.
  • Aquelas persoas que non se examinen na primeira oportunidade e o fagan directamente na segunda, terán que ter, ao igual que o resto de alumnado, presentadas todas as prácticas esixidas durante o curso, tanto o traballo final como as realizadas na aula.
  • Non existe itinerario específico para quen non poida asistir ás clases, tendo que cumprir estes estudantes os mesmos requisitos de avaliación da parte teórica e práctica que se lle esixen ao resto de matriculados/as na materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000