Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Técnicas de relacións públicas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Os temas teóricos da materia serán expostos e explicados en sesións de carácter maxistral, aínda que fomentando a participación do alumnado e co apoio de abundantes exemplos e material audiovisual.
Traballo tutelado Terán carácter individual e en grupo, dado que se ten que fomentar o traballo en equipo, e servirán para poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos.
Estudo de casos A análise de exemplos concretos é unha das fórmulas máis demandas polo alumnado e que os achegan ao exercicio real da súa futura profesión.
Seminario Centraranse en temas monográficos da materia, que poidan ser estudiados cunha maior profundidade en grupos reducidos.
Debate O alumnado ten que ser capaz de defender, con argumentos e dun xeito convincente, os seus posicionamentos.
Presentación O alumnado debe aprender a desenvolverse con fluidez á hora de falar en público e expoñer ante o resto da clase os traballos que se vaían realizando.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000