Guia docente 2017_18
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Técnicas de propaganda política
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións A avaliación da parte práctica realizarase dunha forma continua nas distintas metodoloxías docentes e, dun xeito específico, na exposición dos traballos dos alumnos. 60 A3
C12
D3
D5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O apartado teórico será avaliado ca realización dun exame sobre os contidos explicados nas sesións maxistrais. 40 C2
C4
C8
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

NORMATIVA DE AVALIACIÓN DA MATERIA

CURSO 2017-2018

1. DA NATUREZA DA MATERIA

1.1. A materia

Técnicas de Propaganda Política

 está incluída no plan de estudios da Grao en Publicidade e Relacións Públicas como unha materia de carácter obrigatorio para tódolos alumnos que pretenda conquerir ó mencionado título.1.2. Esta materia impártese en réxime PRESENCIAL polo que é deber dos estudiantes asistir ás sesións docentes prácticas e teóricas e de seminario no horario establecido polo centro.

2. DOS BAREMOS DE AVALIACIÓN DA MATERIA

2.1. O sistema de avaliación da materia, como se explica no programa da mesma, realízase atendendo a tres factores:

a) Superar a parte práctica, coa realización das actividades programadas

b) Superar a parte teórica, mediante un exame escrito que se realizará na data sinalada polo centro.


c) asistencia e participación do alumnado nas clases teóricas e prácticas.

2.2. Para superar a parte práctica deberán realizarse as actividades programadas en tempo e forma e sempre baixo a supervisión docente. Ditas actividades realizaranse en grupo e poñeranse en marcha nas sesións de obradoiros e seminarios. Estas actividades valoraranse sobre un máximo de 10 puntos.

2.3. Para superar a parte teórica os alumnos deberán superar un exame escrito individual sobre os contidos teóricos que se impartan na aula e que están recollidos nun programa facilitado a comezo de cada curso. Este exame valorarase sobre un máximo de 2 puntos.

2.4. asistencia a clase é unha condición obrigada para poder se avaliado. Aqueles alumnos que non asistan ás clases prácticas e de seminario constarán como SUSPENSOS na parte práctica.

2.5. avaliación final da materia realizarase aplicando a seguinte distribución:

a) Teoría. Puntuación Máxima 10 puntos/ Porcentaxe da nota 60%

b) Práctica. Puntuación Máxima 10 puntos / Porcentaxe da nota 40%

c) Asistencia. Non puntua específicamente. Non se fará media a aqueles alumnos e alumnas que non a cumpran. 

É requisito indispensable obter un mínimo da metade dos puntos en cada unha das partes.

3. DA PARTE PRÁCTICA

3.1. Cada unha das actividades da parte práctica será valorada cunha puntuación máxima que lle será comunicada ó alumnado antes de realizar a mesma.

3.2. Tódalas actividades prácticas realizaranse nas sesións prácticas que están programadas nos horarios de docencia da materia. Isto non evitará que, nalgúns casos, os alumnos teñan que cumprimentar os seus traballos fora da aula. En calquera caso, será labor do docente tentar que os alumnos saquen o máximo rendemento desas sesións.

3.3. Cada unha das actividades da parte práctica terá unha asignación de horas prácticas que lle será comunicado ó alumnado antes de realizar a mesma.

3.2. Tódolos membros do grupo de prácticas recibirán a mesma cualificación agás naqueles casos en que un membro do equipo se ausente dalgunha sesión práctica sen causa xustificada. Neste caso o alumno ausente non será avaliado. 

4. DO CONTROL DE ASISTENCIA

4.1. control de asistencia do alumnado farase tendo en conta un elemento: en tódalas sesións prácticas e de seminario tomarase nota dos membros dos grupos asistentes.

4.2. Durante todo o semestre tan só será posible realizar DÚAS xustificacións da falta de asistencia, que deberá ser realizada mediante a presentación do correspondente xustificante médico ou laboral. A decisión de admisión do mesmo dependerá do docente e nunca será admitido máis aló dunha semana tas terse producido a ausencia. 

4.3. Os alumnos que acumulen máis do 40% de faltas de asistencia sobre o total de controis realizados suspenderán a materia tendo que presentarse na seguinte convocatoria. 

5. DA CONVOCATORIA DE XULLO / EXTRAORDINARIA

5.1. sistema de avaliación para as convocatoria de xullo e extraordinaria é exactamente igual que o de febreiro/xuño, é dicir, sonlle aplicados os baremos recollidos no apartado 2.5 

5.2. Aplícanse os seguintes criterios básicos:

a) As cualificacións dos exames teóricos so teñen validez para a convocatoria na que se fai (febreiro/xuño ou xullo)

b) Os traballos prácticos, pola súa natureza de traballo diario, son válidos para as dúas convocatorias posibles do curso académico (febreiro/xuño, xullo). A carga de traballo práctico grupal recollida na programación será asumida individualmente no caso da convocatoria de xullo.

c) Trátase de premiar aquelas persoas que amosaron constancia na realización dos traballos e na asistencia ás clases.

6. DA COLABORACIÓN PROFESORADO / ALUMNADO

6.1. En tódolos casos é necesario que o profesor estea informando das actividades que está realizando o alumno con respecto a esta materia, especialmente no caso daqueles alumnos que pretendan presentarse na convocatoria de xullo.

6.2. No caso dos traballos da parte teórica da materia, a temática dos mesmos deberá ser consensuada previamente co docente. En NINGÚN CASO se admitirán traballos realizados sen ter o visto bo previo do profesorado. 

6.3. Existe un horario de titorías do profesorado do que serán informados ós alumnos a comezo do curso. Nas titorías resolveranse dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos da materia pero non se poderán facilitar apuntes ou realizar clases teóricas completas.
A presente normativa é aplicable a tódolos alumnos matriculados nesta materia SEN EXCEPCIÓN

Revisado. En Pontevedra, 20 de xuño de 2017.

Emma Torres Romay
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000