Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Estruturas e actividade da axencia publicitaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Análisis e exercicios prácticos sobre los diferentes modelos estructurales de axencia e procedementos de traballo dentro de elas. 20 B1
C10
C15
D2
D3
D5
D6
Estudo de casos Valoración dos diferentes traballos prácticos (mínimo 3) que desenvolva el alumno así como a exposición e defensa publica dos mesmos. 40 B1
C10
C15
D2
D3
D5
D6
Lección maxistral Examen teórico sobre os contidos expostos en las clases maxistrais ao finalizar el cuadrimestre. 40 B1
C4
C10
C15
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Para a superación da materia co sistema de avaliación continua arriba descrito, será necesaria a entrega, presentación e exposición de todos os traballos e exercicios, obtendo unha cualificación mínima de aprobado (5) en cada un deles, e seguindo os temas, prazos e condicións establecidas polo equipo docente. Ademais, será obrigatoria a asistencia ás clases (só se permitirán un máximo de 2 faltas sen xustificar en todo o cuadrimestre).

2. No caso de que o alumnado queira optar á avaliación global deberá presentar a súa renuncia á avaliación continua dentro do prazo e seguindo o procedemento establecido polo centro.

3. Descrición da avaliación global:

Na data oficial establecida polo centro para o exame final, o alumnado deberá:

—- Realizar un exame teórico, definido polo equipo docente (60% da nota)

—- Resolver un suposto práctico, definido polo equipo docente (20% da nota)

—- Entregar un traballo consistente na creación e desenrolo de unha presentación de axencia co perfil definido polo equipo docente (10% da nota)

— Presentar un exercicio que inclúa o análise do briefing, creación, desenrolo e xustificación de un concepto de marca o campaña definida polo equipo docente (10% da nota)

Obtendo a cualificación mínima de aprobado (5) en todos e cada un deles.

4. O proceso de avaliación en segunda oportunidade será igual ao establecido para a avaliación global.

5. A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, datas e canles de entrega será detallada nas clases e a través da plataforma Moovi. E responsabilidade do alumnado estar atento á información que sexa precisa para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000