Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Teoría e práctica da fotografía publicitaria
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B1 Competencias interpretativa e operativa da comunicación como realidade e como campo de estudo desde o punto de vista humanístico e técnico: coñecemento teórico da comunicación.
C9 Coñecemento das estratexias de comunicación e o seu desenvolvemento creativo, aplicables en todo tipo de organizacións, así como das metodoloxías necesarias para a súa análise, auditoría e avaliación.
C12 Destrezas analítico-sintéticas: capacidade e habilidade para establecer a estratexia, planificación e procesos propios da comunicación publicitaria e das relacións públicas.
C13 Destrezas expresivas: capacidade e habilidade para dar forma creativa á mensaxe. Realización de pezas publicitarias básicas e supervisión da súa produción definitiva.
D1 Competencias interpretativas da comunicación: capacidade de recoñecer implicacións éticas en decisións profesionais.
D2 Competencias creativas: capacidade para a creatividade, a innovación e a adaptación ao cambio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000