Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Comunicación: Teoría e técnica da imaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC O alumno realizará ao longo do curso 10 prácticas. Haberá prácticas que se realicen durante as clases e outras que deberá preparar previamente, entregar e presentar en clase. Cada práctica entregada, e defendida en clase, valerá 0,2 puntos. A asistencia ás clases prácticas non é obrigatoria. O alumno entregará as prácticas que considere convenientes e poderá aprobar a materia si co resto de apartados (Resolución de problemas e Exame) alcanza os 5 puntos de media. Loxicamente, si non asiste a clase para presentar unha práctica concreta, perderá a cualificación correspondente. 20 B1
C5
C6
C13
D2
D3
Resolución de problemas
O alumno realizará ao longo do curso 2 traballos individuais de maneira autónoma. Cada un deles puntuará un 20% na cualificación total. Non se puntuará si o alumno non asiste a clase o día sinalado para a súa presentación. A entrega destes traballos non é obrigatoria. O alumno poderá aprobar a materia si co resto de apartados (Prácticas apoio TIC e exame) alcanza os 5 puntos de media.
40 B1
C5
C6
C11
C13
D2
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento
Os coñecementos, tanto teóricos como prácticos, avaliaranse a través de exames de preguntas de desenvolvemento. Haberá dúas probas: unha parcial, coa metade, aproximadamente, da materia e outra ao final, co resto dos contidos, coincidindo co exame oficial. Cada proba suporá o 50% da cualificación neste apartado (20% da cualificación total). Aplicarase a nota media entre ambas as para cualificar este apartado. Esta nota media deberá ser igual ou superior a 5 para aprobar a materia.
Os contidos desta proba serán os conceptos da materia explicados tanto na clase maxistral como durante as prácticas. O docente subirá a MOOVI materiais que servirán como referencia para o estudo básico da materia, pero as preguntas non estarán limitadas a estes documentos, senón que abarcarán a totalidade de conceptos explicados nas clases teóricas e prácticas.
40 B1
B2
C2
C6
C11
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno poderá optar a dous tipos de cualificación: avaliación continua e avaliación global.

1 - Avaliación continua: Aplicaranse as porcentaxes e conceptos anteriores (Exame, Prácticas TIC e Resolución de problemas). A nota final será a nota media dos 3 apartados, segundo as súas porcentaxes relativas. Non obstante, para aprobar a materia será necesario obter polo menos un 5 no exame de preguntas de desenvolvemento . No caso dunha nota inferior a 5, non se poderá compensar cos demais apartados, aínda que as súas cualificacións se conservarán para a convocatoria de xullo. Neste caso, a nota da materia da primeira edición será a nota do exame

Na segunda edición (xullo) non se reavaliarán as prácticas co apoio das TIC, mantendo a cualificación da primeira edición. O alumno deberá mellorar a súa cualificación mediante o exame e/ou a resolución de problemas (repetición ou mellora dos traballos). Terá que repetir necesariamente o exame se a súa puntuación é inferior a 5. A repetición do traballo será decisión do propio alumno.

Haberá un único exame para todos os contidos (é dicir: non se dividirá en dúas partes, como na primeira edición). Tamén será necesaria unha nota mínima de 5 para facer a media co resto dos apartados. En caso de non acadalo, a cualificación final será a deste exame.

Todos os detalles da estrutura do exame, as declaracións de traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio.

2 - Avaliación global - De conformidade co disposto no Regulamento de avaliación, cualificación e calidade docente e no proceso de aprendizaxe do alumnado, o estudante que non opte pola modalidade de avaliación continua terá dereito a unha proba global nas datas que determine a Facultade. Será unha única proba que permitirá ao alumno cualificar entre 0 e 10, igual que na avaliación continua. Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente polo estudante, con antelación e cos trámites que determine o Decanato da Facultade, e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas pola modalidade de avaliación continua. O devandito procedemento pódese consultar na plataforma MOOVI. Non se admitirán solicitudes transcorrido o prazo establecido e, unha vez recoñecido o dereito, non se poderá desistir do mesmo.

As probas realizaranse na data e hora oficialmente establecidas pola Facultade. Como norma xeral, a duración desta proba oficial é de dúas horas. Para a avaliación global, cada alumno necesitará 3 horas adicionais (5 desde o inicio da proba) para realizala. Haberá unha parte teórica (50% da nota) e outra práctica (50% da nota). A parte teórica será similar á da modalidade de avaliación continua, polo que é de aplicación o que se explica no apartado de Exame de preguntas de desenvolvemento do epígrafe de Avaliación da guía, agás que abarcará a totalidade da materia, xa que o alumnado desta modalidade non realizará o exame parcial. A parte práctica consistirá na creación dunha ou varias imaxes (co software da Facultade) cos obxectivos que establece o enunciado da proba.

A nota final será a nota media das 2 probas. Non obstante, para aprobar a materia será necesario obter polo menos un 5 no exame de preguntas de desenvolvemento. No caso dunha nota inferior a 5 non se poderá compensar co outro apartado, aínda que a súa cualificación se conservará para a convocatoria de xullo. Neste caso, a nota da materia da primeira edición será a nota do exame.

Na segunda edición (xullo) o método será idéntico ao da primeira edición. A recuperación da parte práctica será opción do alumno, pero terá que repetir necesariamente o exame se a súa nota fose inferior a 5. Realizarase un único exame teórico para todos os contidos e tamén se precisará unha nota mínima de 5 para realizar. a media coa práctica parcial. En caso de non acadalo, a cualificación final será a deste exame.
Todos os detalles da estrutura do exame, o material de estudo, os traballos, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno/a estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio.

Calquera aspecto non previsto nesta guía resolverase en función do citado Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado.

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000