Sesión maxistral |
Nestas actividades predomina a transmisión, de forma expositiva, de coñecementos sobre un determinado ámbito profesional. Trabállase fundamentalmente o saber (competencia técnica), aínda que tamén se traballan os outros saberes (saber facer, saber ser e saber estar). O alumnado ten como función tomar apuntamentos, notas, relacionar conceptos, preguntar ao/a docente.
|
Seminarios |
Traballo en profundidade dun tema (monográfico). Ampliación e relación dos contidos tratados nas sesións maxistrais co labor profesional |
Estudo de casos/análises de situacións |
Desenvolvemento dun proxecto de investigación en comunicación sobre un tema determinado e cunha ou varias metodoloxías das explicadas nas sesións teóricas. Desta forma, o alumno darase conta da aplicación práctica da investigación académica e das posibilidades que as súas metodoloxías lle ofrecen para tomar decisións prácticas profesionais no futuro: medición de audiencias, entrevistas, sondaxes e enquisas son parte do traballo que un experto en publicidade e relacións públicas terá que realizar.
Exposición do tema traballado persoalmente ou en grupo. |