Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Lingua: Linguaxe publicitaria en español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Os alumnos terán que facer os seguintes traballos: A) en grupo, unha exposición oral que se centrará na análise da linguaxe da publicidade; B) un segundo traballo consistirá nunha presentación individual para publicitar un aspecto da lingua española. 40 A1
A4
B3
C2
C5
D1
Resolución de problemas de forma autónoma Os alumnos terán que entregar unha serie de prácticas, guiadas pola profesora, nas que terán que: a) demostrar a súa competencia textual a través de composicións escritas; b) analizar a comunicación publicitaria desde unha perspectiva lingüística 30 A1
A4
B3
C2
Exame de preguntas de desenvolvemento Haberá unha proba final de deselvolvemento, na que os alumnos terán que demostrar que teñen adquiridos os contidos do curso e que teñen unha boa competencia lingüística en español. 30 A1
A4
B3
C5
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

Farase una avaliación continua a través do seguimento do alumnado nos traballos da aula, a través da exposición de traballos e da realización de probas. Avaliarase a súa competencia oral, a súa competencia escrita e a aprendizaxe e adquisición de competencias e de coñecementos vencellados á linguaxe publicitaria.

Para superar a materia os alumnos teñen que realizar todos os traballos estipulados polo profesor (traballos de aula, traballos tutelados, expoisicións orais) e a proba final. A entrega de prácticas ou exercicos propostos terá que realizarse na data establecida polo profesor. Fóra dese prazo non serán admitidos. No caso de non realizar todas as tarefas propostas, o alumno non poderá acollerse á avaliación continua e terá que presentarse ao exame final na data establecida polo centro.

A nota final será a suma de todas as calificacións obtidas nas diferentes probas.

AVISO: A copia ou plaxio de traballos, é dicir, copiar no substancial obras alleas, dándoas como propias, suporá a pérdida do dereito á avaliación continua.

AVALIACIÓN GLOBAL

Oalumnado que non siga a avaliación continua realizará unha proba final que teráun valor do 100% da nota final. Neste exame haberá unha parte teórica e outra práctica que inclúe tanto exercicios de corrección lingüística, similares aos realizados nas horas prácticas da materia, como a aplicación dos contidos traballados ao longo do curso á análise publicitaria. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia dende unha perspectiva aplicada .

As datas dos exames pódense consultar na páxina web da Facultade de Comunicación: https://csc.uvigo.es/publicidad-relaciones-publicas/exames-publicidade-e-relacions-publicas/

SEGUNDA OPORTUNIDADE 

Se non supera a materia, o alumnado será avaliado en segunda
convocatoria durante o mes de xullo. Neste caso, a avaliación realizarase
mediante un exame, que valerá o 100% da nota final, na data oficial establecida polo centro

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000