Guia docente 2017_18
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Lingua: Linguaxe publicitaria en galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A asistencia axuda a comprensión da materia e a boa execución das outras metodoloxías do curso 0 C5
Seminario Valorarase a participación activa, en particular as exposicións, as preguntas, suxestións e comentarios que se fagan. Tamén o traballo previo dos estudantes encargados de preparar a presentación. 10 C5
D1
Debate Valorarase a participación activa e a contribución ao debate e ás conclusións que se poidan tirar da actividade argumentativa. 5 A1
B3
Resolución de problemas O profesor especificará as actividades prácticas que son avaliables. Valorarase a realización e resolución dos exercicios programados. 15 B3
C2
Traballo tutelado Valorarase o proceso e o resultado final da investigación ou traballo tutelado levado a cabo durante o curso. Terase en conta a forma e presentación externa (grafismo, ilustracións), a organización, as fontes e referencias usadas, a calidade dos argumentos e o coidado da lingua. 30 A4
C2
D1
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Farase unha proba ó final do cuadrimestre na que o estudante deberá demostrar o uso correcto e efectivo da lingua, compoñendo textos apropiados e corrixindo inadecuacións ou erros lingüísticos en textos escritos e orais. 30 C5
Traballos e proxectos Valorarase a presentación do proxecto ou traballo tutelado 10 A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua a través do seguimento das lecturas, titorías e traballos realizados ao longo do curso.

Avaliación global do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias e coñecementos a través dunha proba presencial.

Avaliación baseada na participación activa do alumno e na entrega dos traballos e exercicios que se requiriron ao longo do curso.

A segunda convocatoria consistirá nun exame escrito. Poderíase valorar tamén a presentación dun traballo previamente acordado co profesor.

Cualificación numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000