Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Goberno e administración electrónica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2017_18
Materia Goberno e administración electrónica Código P04G091V01913
Titulacion
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OP 4 2c
Lingua impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Dereito público
Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Mahou Lago, Xosé María
Correo-e xmahou@uvigo.es
Profesorado
Lopez Miño, Antonio Manuel
Mahou Lago, Xosé María
Web http://www.faitic.es
Descrición xeral Nos últimos anos é un feito incuestionable o desenvolvemento da Sociedade da Información e do Coñecemento en todos os ámbitos da actividade humana, e en especial nas administracións públicas. A aplicación das novas tecnoloxías está a posibilitar a apertura de canles de interacción cada vez máis intensos entre administración e administrado.
A proliferación de conceptos tales como goberno electrónico, administración electrónica, gobernanza electrónica ou democracia electrónica ven a constatar o xordimento dunha nova dimensión na que a política e o marco normativo, e máis concretamente, as diferentes políticas públicas deixan de ser un reduto exclusivo dos centros tradicionais de poder para seren deseñadas e implementadas co concurso activo da cidadanía.

A presente materia achega ao alumnado ao emerxente Goberno e Administración Electrónica, intentando descubrir os alicerces do seu funcionamento, da súa estrutura e dos seus límites normativos. Con esta fin centrarémonos:
1- Na análise, dende el punto de vista xurídico, do acceso dos cudadáns á Administración electrónica, da protección dos datos de carácter persoal e das aplicacións e servizos de Administración Electrónica no marco dos procedementos administrativos (Documentos e expediente electrónico; os rexistros telemáticos; as notificacións electrónicas; a Contratación electrónica, etc…)

2- No estudo da administración electrónica en España e Galicia dende unha perspectiva crítica, analizando diferentes programas públicos e facendo fincapié nos obstáculos que impiden a súa implantación.

3- No desenvolvemento dunha metodoloxía para analizar páxinas web oficiais que dea conta do nivel dos seus contidos, dos tipos de servizo que presta, da súa manexabilidade e da capacidade de atención ás demandas dos cidadáns
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000