Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Ciencia política IV: Sistemas políticos español e galego
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2018_19
Materia Ciencia política IV: Sistemas políticos español e galego Código P04G091V01204
Titulacion
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
López Mira, Álvaro Xosé
Correo-e almira@uvigo.es
Profesorado
López Mira, Álvaro Xosé
Web
Descrición xeral Trátase nesta materia de abordar cunha visión actualizada os diferentes elementos históricos, xurídicos, sociais, políticos, electorais... que conforman o deseño e funcionamento dos dous sistemas políticos nos que estamos simultaneamente imbricados como cidadáns e estudantes universitarios: o españól e o galego. Aínda que, con seguridade, merecerían tratamento separado en asignaturas distintas e secuenciadas temporalmente, o vixente plano de estudos do Grao en Dirección e Xestión Pública contempla só unha polo que, fácil resultará entender, que precisamos facer un compendio moi estricto dos numerosos temas que debemos tratar no periplo académico desta asignatura. Esa é tamén unha das razóns que aconsella un diferente espazo de tratamento de cada un dos temas.
O/a estudante desta asignatura pode caer na tentación de que resulta doado asimilala xa que todo o nela tratado sóalle máis ou menos próximo, ben polos seus coñecementos previos, ben polo tratamento informativo das axendas mediáticas do país que inclúen sempre algún dos elementos incluídos no programa. Sería, na maior parte dos casos, un craso erro que cómpre evitar. Non se pense tampouco que pode haber solapamento de contidos con algunha materia xa estudada no Grao; non é así porque a Ciencia Política é a ciencia do realismo e, polo tanto, vai máis alá das aparencias ou do ilusorio normativismo xa que pode demostrar como detrás dun fermoso marco xurídico, mesmo constitucional, poden imperar a corrupción, o nepotismo ou o mero incumprimento. Eis polo que os nosos obxectivos son moi ambiciosos: porque aspiran a explicar como funciona na realidade o noso modelo político nas catro partes en que vén dividida a materia.
Como ben sabedes, esta materia impártese baixo dúas modalidades de ensino: presencial e semipresencial. A información básica sobre ambas atópase nesta ligazón da Guía docente da materia. Ademais infórmovos que as titorías terán lugar os luns e xoves de 10.00 a 13.00 horas no despacho 224, no segundo andar da Facultade. Tamén me podedes localizar no teléfono 986801981 e no e-mail almira@uvigo.es
Agardo que a materia sexa do voso interese e vos proporcione ferramentas analíticas útiles para interpretar a complexa realidade político-social na que nos tocou en sorte vivir. Contade comigo para axudarvos neste propósito sempre que o precisedes.
Álvaro Xosé López Mira
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000