Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Ciencia política III: Políticas públicas
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2017_18
Materia Ciencia política III: Políticas públicas Código P04G091V01203
Titulacion
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Mahou Lago, Xosé María
Correo-e xmahou@uvigo.es
Profesorado
Mahou Lago, Xosé María
Web http://www.faitic.es
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia é achegarlle ao alumnado os conceptos básicos e a metodoloxía de
elaboración, execución e avaliación das políticas públicas coa intención de que, por unha banda, afonde na
lóxica do proceso político-administrativo no seu conxunto e, por outra, se familiarice coas ferramentas que a
ciencia política pon á disposición dos profesionais para aumentar a eficacia do proceso de elaboración e
realización de programas públicos.
En definitiva, ao final do curso, o alumnado poderá:
– Definir e documentar ordenadamente as diferentes definicións que nun momento dado se poidan
establecer sobre un problema público.
– Identificar o público obxectivo dun programa e o público interesado dunha iniciativa pública.
– Recoñecer e valorar as solucións alternativas a un problema.
– Valorar os produtos e resultados dunha actuación pública.
– Coñecer os diferentes tipos de avaliación e a súa aplicación a cada fase do proceso de políticas públicas.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal