Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Dereito: Dereito constitucional
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2017_18
Materia Dereito: Dereito constitucional Código P04G091V01102
Titulacion
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua impartición
Prerrequisitos
Departamento Dereito público
Coordinador/a
Gregores Villaverde, Maria Jose
Correo-e mjgv@uvigo.es
Profesorado
Gregores Villaverde, Maria Jose
Web
Descrición xeral - Coñecer o significado actual das funcións que a vixente Constitución Española asume no marco do Estado social e democrático de dereito.
- Entender o significado xeral dos principios esenciais que inspiran a Constitución de 1978 e distinguir as súas manifestacións no texto constitucional.
- Coñecer o valor normativo da Constitución e a súa incidencia sobre o ordenamento xurídico, así como o especial significado e estrutura das normas constitucionais e a súa interpretación.
- Dominar o sistema de fontes do dereito do ordenamento xurídico español no medio multinivel, isto é, os diversos tipos de normas e as súas relacións.
- Coñecer e comprender o réxime xurídico básico das institucións públicas e o seu funcionamento, así como os seus medios e límites de actuación.
- Coñecer o sistema institucional deseñado na Constitución de 1978 respecto do Estado, o que implica coñecer a composición e as funcións das diversas institucións (coroa, Cortes Xerais, Goberno e administracións públicas, Poder Xudicial e Tribunal Constitucional), así como as súas relacións recíprocas.
- Coñecer o sistema de distribución territorial do poder.
- Identificar e comprender o marco de participación española na UE e as súas consecuencias.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal