Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Cine de non ficción
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización dun ou varios proxectos documentais de acordo coas pautas definidas polo docente. 40 B3
B4
B5
C18
C20
C21
Resolución de problemas e/ou exercicios As probas de exame, orais ou escritas, consistirán na análise dunha obra audiovisual ou fragmento da mesma a partir do exposto na clase e das lecturas recomendadas. 40 B1
B3
B5
Observación sistemática Avaliación baseada na participación activa e presenza do alumnado na aula. 20 B1
B3
B4
B5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN
CONTINUA

Avaliación
baseada na participación activa do alumno e na entrega dos traballos requiridos
ao longo do curso. Avaliación global do proceso de aprendizaxe e adquisición de
competencias e coñecementos a través de probas presenciais nas datas oficiais
aprobadas polo centro Será preciso obter polo menos un 50% da puntuación total
de todas as partes avaliables para superar a materia.

AVALIACIÓN
GLOBAL

O alumnado
deberá informar o docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación
continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, achegando cuberto e
asinado o documento habilitado para tal fin.

A proba de
avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no
calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das
probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha
cualificación mínima do 50% en cada unha delas. Dada a extensión das probas o
alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispoñer de 4 horas para a
realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia
segundo o calendario oficial.

Breve
descrición das probas: 

Proba 1.
Resolución de problemas ou exercicios. As probas de exame, orais ou escritas,
consistirán na análise dunha obra audiovisual ou fragmento da mesma a partir do
exposto na clase e das lecturas recomendadas. A proba ten un valor do 40% sobre
o total da nota sendo preciso obter unha cualificación mínima do 50% da mesma
para aprobar esta parte.

Proba 2. Aprendizaxe
baseada en proxectos. Realización
dun ou varios proxectos documentais de acordo coas pautas definidas polo
docente. O conxunto dos traballos ten un valor do 40% sobre o total da
cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima do 50% en cada un dos
traballos para superar esta parte. Os
traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos
dos traballos, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados aos
estudantes de avaliación global unha vez finalizado o prazo de renuncia expresa
á avaliación continua.

Proba 3. Traballo.
Selección motivada de secuencias dos contidos abordados na materia seguindo as
pautas definidas polo docente. Ten un valor do 20% sobre o total da
cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima do 50% para superar esta
parte. Será entregado na data e horario do exame. O detalle dos contidos,
metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados aos estudantes de
avaliación global unha vez finalizado o prazo de renuncia expresa á avaliación
continua.

Resumo das probas e porcentaxe de valoración global
do conxunto de tarefas:

Proba 1. Resolución de problemas ou exercicios. Proba
de exame. Valoración do 40% sobre o total da nota.

Proba 2. Aprendizaxe baseada en proxectos. Valoración
do 40% sobre o total da nota.

Proba 3. Traballo. Valoración do 20% sobre o total da
nota.

 

Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima
do 50% en todas as probas para superar a materia.

 

 A información
sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación
e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É
responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e
recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para
superar a materia.

 

SEGUNDA
OPORTUNIDADE

O sistema
de avaliación é o mesmo en todas as convocatorias.

 

 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000