Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Dirección de fotografía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Desenvolvemento dun proxecto audiovisual de forma individual, centrado na elaboración dunha proposta orixinal de dirección de fotografía demostrando coñecer os aspectos técnicos implicados no proceso. 20 A2
B3
B4
B6
B7
C10
C11
C16
C18
D1
Aprendizaxe baseado en proxectos Desenvolvemento dun proxecto audiovisual en grupo, centrado na elaboración dunha proposta orixinal de dirección de fotografía demostrando coñecer os aspectos técnicos implicados no proceso. 20 A2
B3
B4
B6
B7
C10
C11
C16
C18
D1
Aprendizaxe baseado en proxectos Desenvolvemento dun proxecto audiovisual en grupo, centrado na elaboración dunha proposta orixinal de dirección de fotografía demostrando coñecer os aspectos técnicos implicados no proceso. 20 A2
B3
B4
B6
B7
C10
C11
C16
C18
D1
Observación sistemática Seguimento da evolución do alumno nas clases teóricas e prácticas, valorando a asistencia e participación nas clases. 12 B3
B4
B6
B7
C10
C11
C21
D4
Exame de preguntas obxectivas 20 preguntas de resposta curta sobre o temario proposto e exposto nas clases teóricas. 28 B4
C16
C21
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno poderá optar a dous tipos de avaliación: continua e global.

1 - Avaliación continua: Serán aplicados as porcentaxes e conceptos anteriores; aprendizaxe baseado en proxectos, resolución de problemas e/ou exercicios e a observación sistemática.

2 - Avaliación global: De acordo ao establecido no Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade dá docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado, o estudante que non opte pola modalidade de avaliación continua, terá dereito a unha proba global nas datas que a Facultade determine. Será un proba única e que permitirá cualificar ao alumno entre 0 e 10, igual que na avaliación continua. O alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, axuntado cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. 

Avaliación global da materia.

A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispor de 4 horas para a realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. 

Proba 1. Exame. Valoración do 40% sobre o total da nota.

Proba 2. Dous traballos prácticos. Valoración do 30% sobre o total da nota.

Proba 3. Actividades prácticas. Valoración do 30% sobre o total da nota. 

Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima de 5 puntos en todas as probas. 



Proba 1.
Exame teórico. Realizarase o exame teórico previsto para a materia tanto para a avaliación global como continua. O exame será avaliado coas mesmas pautas para todo o alumnado. O exame ten un valor do 40% sobre o total da nota sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. 

Proba 2. Traballos prácticos. Facer entrega de dous proxectos audiovisuais de forma individual, centrados na elaboración dunha proposta orixinal de dirección de fotografía demostrando coñecer os aspectos técnicos implicados no proceso. O conxunto dos traballos (2) ten un valor do 30% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima de 5 puntos en cada un dos traballos para superar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Os traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados aos estudantes de avaliación global unha vez rematado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua. 

Proba 3. Actividade práctica. Tras a elaboración do exame os estudantes de avaliación continua deberán asistir co docente a sala de prácticas habitual, onde deberán realizar actividades prácticas semellantes ás realizadas polos alumnos de avaliación continua, empregando os mesmos recursos e equipamentos empregados por estes. A proba durará un máximo de dúas horas dende o comezo da mesma. O detalle das probas así como os criterios de avaliación será remitido ao alumnado nun prazo non superior a un mes dende a renuncia efectiva a súa avaliación continua. A selección de actividades prácticas, no seu conxunto, ten un peso do 30% sobre o total da cualificación sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. 

A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000