Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Lingua: Lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame final. Proba escrita na que o alumnado terá que demostrar a adquisición dos contidos teóricos do curso e unha boa competencia lingüística en galego 25 A1
B4
B7
C1
D2
Resolución de problemas Entrega de prácticas de escrita. O profesor especificará as actividades prácticas que son avaliables. Ó longo do curso iranse valorando as actividades escritas (exercicios, pequenos traballos, ensaios) que se vaian entregando.
20 A1
B4
B5
C1
D2
D3
D4
Seminario Valorarase o traballo previo do grupo encargado de preparar o tema do seminario; a claridade e orixinalidade da presentación e a participación activa da clase despois da exposición, en particular as preguntas, suxestións e comentarios que se fagan. 20 A1
B5
B7
D1
D2
D3
Traballo tutelado Traballo de curso. Escolla dun tema relacionado con algún dos contidos da materia e elaboración grupal dun traballo de análise que será presentado de xeito oral na aula.
Valorarase o proceso de investigación e o resultado final. Terase en conta a forma e presentación externa (grafismo, ilustracións), a organización, as fontes e referencias usadas, a calidade dos argumentos e o coidado da lingua.
30 A1
B4
B7
C1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

Farase una avaliación continua a través
do seguimento
do alumno nos traballos da aula e de exercicios fóra da aula, da exposición de traballos e a
realización de probas. Avaliarase a súa competencia oral, a súa
competencia
escrita e a aprendizaxe e adquisición de competencias e de coñecementos.
A detección de plaxio nalgún dos traballos suporá a perda do dereito á avaliación continua.

AVALIACIÓN GLOBAL

O
alumnado que non siga a avaliación continua terá que superar unha proba final
que supoñerá o 100% da nota final. Farase nas datas oficiais que
estableza o centro. Neste exame haberá unha parte teórica e outra
práctica que constará de exercicios de corrección lingüística, similares
aos feitos nas horas prácticas da materia, e de aplicación de
coñecementos teóricos adquiridos na materia. Os estudantes deberán demostrar que saben
relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a
materia dende unha perspectiva aplicada.

As datas dos exames
pódense consultar na páxina web da Facultade de
Comunicación: https://fcom.uvigo.gal/comunicacion-audiovisual/exames-comunicacion-audiovisual/

SEGUNDA OPORTUNIDADE

O
alumnado que non cumpra os requisitos da avaliación continua poderá
realizar un único exame na convocatoria de xullo, na data estipulada
oficialmente. Este exame terá unha parte teórica e outra práctica (oral e
escrita).

As datas dos exames pódense consultar na páxina web da
Facultade de
Comunicación: https://fcom.uvigo.gal/comunicacion-audiovisual/exames-comunicacion-audiovisual/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000