Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Lingua: Lingua galega
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Explicacións do profesor sobre os contidos básicos da materia (lingua, literatura e cine) e desenvolvemento das cuestións teóricas que os sustentan.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan e resolven exercicios prácticos relacionados cos aspectos propiamente lingüísticos ou literarios da materia (por exemplo, de corrección lingüística e estilística para mellorar a gramática e o léxico; as lecturas dos textos escollidos). É un complemento indispensable da lección maxistral. Inclúe a revisión de pequenos ensaios sobre aspectos críticos dos visionados realizados nos que se exercita a lingua escrita e a expresión oral dos estudantes.
Seminario Actividades centradas en temas concretos que permiten afondar ou completar os contidos da materia. Complementan as clases teóricas e dan pé á exercitación na exposición pública. Para o caso un grupo de estudantes preparará algún dos subtemas que aparecen no programa fóra da clase con bibliografía axeitada. Os seminarios tamén se poden utilizar para expoñer os avances dos traballos tutelados.
Traballo tutelado Elaboración individual ou con outro estudante dun traballo de curso de certa extensión (4000 palabras) baseado en investigacións feitas nas áreas de estudo relacionadas co galego e coa comunicación audiovisual. Coa súa realización, o que se pretende é que o estudante se familiarice coa procura de documentación axeitada, que traballe de maneira crítica e analítica, e se habitúe aos estándares formais das publicacións académicas baixo a orientación do profesor.
Debate
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000