Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Comunicación: Tecnoloxía dos medios audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Os alumnos desenvolverán un total de catro exercicios en grupo, aplicando os coñecementos adquiridos nas clases prácticas. A asistencia e participación neses exercicios é obrigatoria. En caso de ausencia non xustificada, a partires da terceira rebaixarase un 25% a cualificación deste apartado. 40 C19
C21
Exame de preguntas obxectivas Exame final teórico. 30
Práctica de laboratorio Exame final práctico. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá optar a dous tipos de cualificación:
avaliación continua e avaliación global.

1 - Avaliación continua: Serán aplicadas as porcentaxes e conceptos
anteriores (Exame, Proxecto e Traballo). A cualificación final será a nota
media dos 3 apartados, segundo as porcentaxes relativas explicados no apartado de avaliación. Non obstante, para superar a
materia será preciso obter, como mínimo, un 5 en cada un deles. No caso dunha cualificación
inferior, non se poderá compensar cos outros apartados, aínda que se conservarán as partes aprobadas para a
convocatoria de xullo.

Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos
criterios. O alumnado repetirá as partes non aprobadas e fará, si procede, un novo
exame.

Tamén se necesitará unha nota mínima de 5 en cada
apartado, para superar a materia.

 

Todos os detalles da estrutura do exame, enunciados
dos traballos e das prácticas, calendario de entrega, criterios de corrección,
así como as cualificacións, serán publicados na plataforma MOOVI.

Será responsabilidade do alumno estar atento a esta
información, xa que non se facilitará a través de ningunha outra vía.

 

2 - Avaliación global - De acordo a o establecido no Regulamento sobre
a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do alumnado, quen non opte pola modalidade de avaliación
continua, terá dereito a unha proba global nas datas que a Facultade determine.
Será unha proba única e que permitirá cualificar a o alumnado entre 0 e 10,
igual que na avaliación continua. Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente
polo alumno, coa antelación e procedementos que o Decanato da Facultade determine,
e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas polo método
de avaliación continua.

 

A proba realizarase na data e horario establecido
oficialmente pola Facultade e terá unha duración de cinco horas. Constará de dúas partes:

 

Teoría - Será a mesma que a
de avaliación continua. Suporá o 50% da cualificación

Práctica - A parte práctica do exame, que suporá o outro 50% da cualificación, incluirá a presentación dun traballo de investigación sobre a materia (30% desta parte práctica) e unha proba técnica relacionada coa utilización dos distintos aparellos usados nunha produción audiovisual (70% desta parte práctica).

A cualificación final será a nota media das 2 probas.
Non obstante, para superar a materia será preciso obter, como mínimo, un 5 en cada
unha das partes.

 

Na segunda edición (xullo) o método será idéntico
o da primeira edición e tamén se necesitará unha nota mínima de 5 para facer a
media coa parte práctica.

Todos os detalles da estrutura do exame, material
de estudio, enunciados dos traballos, criterios de corrección, así como as cualificacións,
serán publicados na plataforma MOOVI.

Será responsabilidade do alumno estar atento a esta
información, xa que non se facilitará a través de ningunha outra vía.

 

Calquera aspecto non previsto nesta guía resolverase
en base ó citado Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000