Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Comunicación: Comunicación escrita
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC A nota media das cualificacións obtidas na execución dos exercicios de redacción propostos nas clases prácticas suporán o 40% da nota final da materia. É necesaria a entrega de todos os exercicios propostos. A falta de asistencia non xustificada afectará á cualificación, restándose 0,2 puntos por falta. 40 B1
B4
B5
B6
C12
D3
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo. 20 B1
B5
B6
C12
Exame de preguntas obxectivas Os contidos desenvolvidos nas horas presenciais das sesións maxistrais avaliaranse a través dunha proba final que suporá o 40% da nota final da materia. É necesario obter polo menos unha cualificación de 5 sobre 10 para aprobar. 40 B1
B5
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA 

O alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de
avaliación continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, axuntado cuberto e
asinado o documento habilitado para tal fin. 

PROCEDEMENTO

A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no
calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas
de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación
mínima de 5 puntos en cada unha delas. Dada a extensión das probas o alumnado que
se acolla a avaliación global deberá dispor de 4 horas para a realización das mesmas a
partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. 

Breve descrición das probas 

Proba 1. Exame teórico. Realizarase o exame teórico previsto para a materia tanto para
a avaliación global como continua. O exame será avaliado coas mesmas pautas para
todo o alumnado. O exame ten un valor do 40% sobre o total da nota sendo preciso obter
unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación
inferior non servirá como media coas outras probas. 

Proba 2. Traballos prácticos. Facer entrega de dous traballos propostos polo docente. O
conxunto dos traballos ten un valor do 40% sobre o total da cualificación. Debe
obterse unha cualificación mínima de 5 puntos en cada un dos traballos para superar
esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Os
traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos
traballos, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados aos estudantes de
avaliación global unha vez rematado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua. 

Proba 3. Análise dun soposto práctico e presentación oral. Tras a elaboración do exame e os traballos prácticos, deberase realizar a análise dun suposto proposto polo docente. O detalle das probas así como os
criterios de avaliación será remitido ao alumnado nun prazo non superior a un mes
dende a renuncia efectiva a súa avaliación continua. A selección de actividades prácticas,
no seu conxunto, ten un peso do 20% sobre o total da cualificación sendo preciso obter
unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación
inferior non servirá como media coas outras probas. 

Resumo das probas e porcentaxe de valoración global do conxunto de tarefas 

Proba 1. Exame. Valoración do 40% sobre o total da nota. 

Proba 2. Traballos prácticos. Valoración do 40% sobre o total da nota. 

Proba 3. Análise de suposto práctico e presentación oral ante o docente. Valoración do 20% sobre o total da nota. 

Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima de 5 puntos en todas as probas.

*A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de
avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É
responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar
a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia

SEGUNDA CONVOCATORIA

A forma de evaluación é igual en todas as convocatorias.

Se na primeira convocatoria non se supera unha das partes da materia, o alumnado deberá presentarse á evaluación só desa parte non superada na segunda convocatoria. Se é a parte práctica, deberá repetir todos os exercicios propostos polos docentes ao longo do curso e entregalos na data establecida polo coordinador da materia. Se é o exame que evalúa o contido teórico, deberá presentarse ao exame na segunda convocatoria.

Se non se aproba a materia nas convocatorias do primeiro curso de matrícula (nin na primeira nin na segunda convocatoria), o alumno ou a alumna deberá cursar novamente a materia e debe de adaptarse á guía docente que está vixente nese curso académico. Non se conservarán as cualificacións obtidas en cursos anteriores nin da parte teórica nin da parte práctica da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000