Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Comunicación: Comunicación escrita
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1. Escribir para contar o acontecer. Estilo e estruturas da narrativa mediática. Subtema 1. O relato nos medios: as perspectivas da comunicación. A información, dende a impresión ao audiovisual e internet

Subtema 2. A escrita nos medios de comunicación, un estilo propio. Escribir para facerse entender ante un destinatario masivo

Subtema 3. Estruturas comunicativas para o relato nos medios: descrición, narración e diálogo
Tema 2. O relato nos medios. Os grandes xéneros. Subtema 4. A narrativa nos medios: da idea ao relato
A orixe das mensaxes: as fontes da información, citación e atribución
Como se traslada a realidade: os grandes xéneros

Subtema 5. O relato informativo. A noticia e a súa redacción nos medios.
Fundamentos, estrutura e criterios de noticiabilidade
Titulación
Casos de estudo

Subtema 6. O relato informativo-interpretativo. A reportaxe.
Fundamentos, técnica e tipoloxía
Titulación
Casos de estudo

Subtema 7. O relato informativo-interpretativo. A entrevista
Fundamentos, tipoloxía e formulación de preguntas
Titulación
Casos de estudo
Tema 3. A redacción multimedia e organizacional. Hipertexto e redes sociais. Subtema 8. Escribir en dixital: o hipertexto, a multimedialidade e as redes sociais
Subtema 9. A comunicación nas organizacións, principais documentos e a escrita académica
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000