Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da comunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exercicio de avaliación continua dos contidos introducidos no tema 1, realizado no horario de teoría, e que combinan preguntas tipo test e preguntas curtas. 10 B1
B2
B4
C2
C15
D2
Exame de preguntas obxectivas Exercicio de avaliación continua dos contidos introducidos no tema 2, realizado no horario de teoría, e que combinan preguntas tipo test e preguntas curtas. 10 B1
B2
B4
C2
C15
D2
Exame de preguntas obxectivas Exercicio de avaliación continua dos contidos introducidos no tema 3, realizado no horario de teoría, e que combinan preguntas tipo test e preguntas curtas. 10 B1
B2
B4
C2
C15
D2
Exame de preguntas obxectivas Exercicio de avaliación continua dos contidos introducidos no tema 4, realizado no horario de teoría, e que combinan preguntas tipo test e preguntas curtas. 10 B1
B2
B4
C15
D2
Exame de preguntas obxectivas Exercicio de avaliación continua dos contidos introducidos no tema 5, realizado no horario de teoría, e que combinan preguntas tipo test e preguntas curtas. 10 B1
B2
B4
C2
C15
D2
Traballo Elaboración dun traballo de grupo que describa, analice, e reflexione, sobre temas sociais que atinxen á mocidade, acoutados previamente nas clases de prácticas. 10 A3
B2
B4
B5
C2
C15
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Nas convocatorias oficiais de exame realizarase un exercicio no que responder por escrito de forma argumentada e coherente ás cuestións que se formulen en relación cos coñecementos sobre a análise social da comunicación. 40 A3
B1
B2
B4
B5
C2
C15
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo o que establece o Regulamento
sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe
do estudantado (Aprobado no claustro do 18 de abril de 2023), son dous os sistemas
de avaliación continua e global. O alumnado deberá escoller nas primeiras catro
semanas do cuadrimestre entre un dos dous sistemas de avaliación. De optar pola
avaliación global, a alumna ou alumno informará ao docente da súa renuncia
expresa ao sistema de avaliación continúa no prazo establecido polo centro para
tal fin, axuntado cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin.

O detallado nas metodoloxías
recollidas na táboa precedente, corresponde ao sistema de avaliación continua. O cálculo da cualificación final
neste sistema será ponderado como se especifica na táboa, advertindo que, a
media das cualificacións obtidas nos exercicios de avaliación continua e do
traballo ha de supor un mínimo dun 5 sobre 10, a mesma cualificación mínima que
se terá que obter no exame de preguntas de desenvolvemento a realizar na data
da convocatoria oficial. No caso de obter cualificacións inferiores ás requiridas
non se fará suma das mesmas; de ser o caso de que a suma dos criterios de
avaliación continua adoptados fose igual ou superior a un 5, a cualificación
final que se fará constar será de 4,9 –Suspenso–.

A persoa non se presente ao exame
constará como Non presentado (N.p.), aínda que fixera seguimento das
actividades de avaliación continua.

De optar pola proba de avaliación global, na
data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial, o
estudante deberá realizar o mesmo exame de preguntas de desenvolvemento que
realice o alumnado acollido ao sistema de avaliación continua (suporá o 40% da
cualificación, e ha de obterse un mínimo dun 5). Ademais do anterior, realizará
un exercicio de comentario por escrito dun texto proporcionado polo docente do
que fará un resumo, identificará as ideas ou datos argumentados relacionándoos
cos contidos da materia, e rematará o comentario argumentando a propia opinión
persoal razoada sobre o recollido no texto (suporá o 20% da cualificación, e ha
de obterse un mínimo dun 5). Por último, fará entrega dun cartafol de
recensións sobre un conxunto de textos seleccionados polo docente, dos que se
informa na páxina de teledocencia da materia. A recensión é un comentario
crítico dun traballo, que pasa por identificar a idea ou ideas principais
recollidas, que resume os datos ou argumentos empregados para soster o que se
afirma, e que incorpora a súa propia opinión razoada sobre o que se argumenta
nos textos. Habilitarase un espazo na páxina de teledocencia para subir unha
copia dixital do cartafol, no que se atoparán as referencias dos textos a traballar,
e indicacións sobre a extensión e formato (suporá o 40% da cualificación, e ha
de obterse un mínimo dun 5). No caso de obter cualificacións inferiores ás requiridas
non se fará suma das mesmas; de ser o caso de que a suma dos criterios de
avaliación global adoptados fose igual ou superior a un 5, a cualificación
final que se fará constar será de 4,9 –Suspenso–.

A información sobre as probas de
avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega
serán detalladas a través da plataforma MooVi. É responsabilidade do alumno ou
alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica
e complementaria que sexa precisa para superar a materia.

Na data da segunda convocatoria da
materia –segunda oportunidade–, manteranse as notas das probas superadas na
primeira convocatoria. No caso do alumnado
acollido a avaliación continua
, cando a media das cualificacións
obtidas nos exercicios de avaliación continua e do traballo de grupo fose suspensa,
ao non acadar o mínimo dun 5 sobre 10, o día do exame fará entrega dun cartafol
de textos, e/ou exercicios que o docente indique no momento da publicación das
notas da primeira convocatoria.

No caso do alumnado acollido á avaliación global que non o realizara, ou
suspendese, o cartafol de textos, poderá facer entrega deste o día do exame.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000