Código |
Descrición |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B2 |
Coñecemento da realidade político-social do mundo na era da comunicación global |
B3 |
Coñecementos sobre as políticas públicas de subvención da produción e distribución audiovisual nos ámbitos europeos, nacional e autonómico, así como as condicións legais e financeiras para a súa obtención, incluíndo os programas I+D+i e os beneficios da colaboración entre empresas de ámbito internacional. Análise de oportunidades, riscos e efectos das devanditas políticas. |
B4 |
Capacidade para aplicar técnicas e procesos de produción na organización de eventos culturais, mediante a planificación dos recursos humanos e técnicos implicados, axustándose a un orzamento previo |
B5 |
Habilidade para expoñer os resultados dos traballos académicos de xeito oral ou por medios audiovisuais ou informáticos consonte os canons das disciplinas da comunicación |
B6 |
Capacidade para definir proxectos persoais de creación innovadora que poidan contribuír ao coñecemento ou desenvolvemento das linguaxes audiovisuais ou á súa interpretación |
C23 |
Capacidade para a identificación dos procesos e técnicas implicadas na dirección e xestión de empresas audiovisuais na súa estrutura industrial: análise de mercado, produción, distribución e exhibición, así como o fomento da actividade emprendedora e do concepto de empresa como unidade básica de produción audiovisual. |
D1 |
Capacidade de adaptación aos cambios tecnolóxicos, empresariais ou organigramas laborais |
D2 |
Capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como capacidade para integrarse nun proxecto común encamiñado á obtención de resultados |
D3 |
Capacidade para asumir riscos expresivos e temáticos, aplicando solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento dos proxectos. |
D4 |
Capacidade para tomar decisións fundamentadas en situacións de incerteza, asumindo de forma constructiva as consecuencias e resultados obtidos. |
D5 |
Práctica sistemática de autoavaliación crítica de resultados: valoración da importancia de corrixir e axustar constantemente os erros cometidos nos procesos creativos ou organizativos |
D6 |
Orde e método: habilidade para a organización e temporalización das tarefas, realizándoas de xeito ordenado adoptando con lóxica as decisións prioritarias nos diferentes procesos de produción audiovisual |
D7 |
Conciencia solidaria: respecto solidario polas diferentes persoas e pobos do planeta, polos valores universais de educación, cultura, paz e xustiza, e polos dereitos humanos, a igualdade de oportunidades e a non discriminación de mulleres e persoas con discapacidade |