Guia docente 2016_17
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Teoría e historia da comunicación
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
1. Coñecer a historia e evolución dos medios de comunicación colectiva, ademais da súa relevancia social e cultural ao longo do tempo. Coñecer a natureza da comunicación C1
2. Coñecemento da relación existente entre a evolución da sociedade no mundo contemporáneo e o ámbito da comunicación. B2
3. Coñecemento das características esenciais da comunicación, os seus elementos e os seus resultados. Coñecemento científico da comunicación como realidade e como campo de estudo. B7
4. Capacidade de describir e diagnosticar as cuestións fundamentais da comunicación na sociedade actual. B2
5. Capacidade para conseguir unha visión analítica e reflexiva. A3
6. Expor de forma adecuada os resultados dos traballos académicos de maneira oral ou por medios audiovisuais ou informáticos conforme aos canons das disciplinas da comunicación A2
7. Capacidade para traballar en equipo. D2
8. Capacidade para asumir riscos. D3
9. Capacidade para acertar ao elixir en situacións de incerteza, asumindo responsabilidades. D4
10. Valoración da importancia de corrixir e axustar constantemente os erros cometidos nos procesos creativos ou organizacións. D5
11. Conciencia solidaria: respecto solidario polas persoas e civilizacións do planeta. Coñecemento das grandes correntes culturais en relación cos valores individuais e colectivos e respecto polos dereitos humanos. D7
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000