Guia docente 2024_25
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
  A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
  A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
  A5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Coñecer as características esenciais da comunicación, os seus elementos e os seus resultados.
  B2 Coñecer a realidade político-social do mundo na era da comunicación global.
  B3 Aplicar técnicas e procedementos da composición da imaxe aos diferentes soportes audiovisuais, a partir do coñecemento das leis clásicas e dos movementos estéticos e culturais da historia da imaxe.
  B4 Expoñer os resultados dos traballos académicos de maneira escrita, oral ou por medios audiovisuais ou informáticos de acordo aos canons das disciplinas da comunicación.
  B5 Coñecer os valores constitucionais, principios éticos e normas deontolóxicas aplicables á comunicación audiovisual, en especial as relativas á igualdade de homes e mulleres, á non discriminación de persoas con discapacidade e ao uso non sexista da imaxe feminina nos medios de comunicación de masas.
  B6 Traballar en equipo e comunicar as propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio.
  B7 Asumir riscos expresivos e temáticos, aplicar solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento dos proxectos
  B8 Orde e método: habilidade para a organización e temporalización das tarefas, realizándoas de maneira ordenada adoptando con lóxica as decisións prioritarias nos diferentes procesos de produción audiovisual
  B9 Sensibilidade, respecto e necesidade de conservación do patrimonio lingüístico, audiovisual e cultural de Galicia
Sinale C Código Habilidades
  C1 Coñecer o uso correcto oral e escrito das linguas oficiais como forma de expresón profesional na industria audiovisual.
  C2 Percibir criticamente o mundo audiovisual como froito dunhas condicions sociopolíticas e culturais ligads a unha época histórica determinada.
  C3 Coñecer os procesos e técnicas implicadas na dirección e xestión de empresas audiovisuais.
  C4 Coñecer e aplicar as técnicas de produción e emisión radiofónicas.
  C5 Analizar e implementar estratexias de distribución e difusión de contidos audiovisuais e a súa influencia no proceso de produción
  C6 Coñecer a historia e características da animación e a súa aplicación nos medios dixitais
  C7 Coñecer e aplicar as técnicas de documentación audiovisual.
  C8 Recrear o ambiente sonoro dunha produción audiovisual
  C9 Analizar as estruturas, contidos e estilos da programación televisiva.
  C10 Deseñar a posta en escena, iluminación e dirección de actores dunha produción audiovisual.
  C11 Definir proxectos persoais de creación innovadora que contribúan ao coñecemento ou desenvolvemento das linguaxes audiovisuais ou á súa interpretación
  C12 Coñecer os fundamentos da información xornalística a través dos distintos textos e xéneros ao uso, para a súa aplicación en medios impresos e dixitais.
  C13 Conocer la historia y evolución del lenguaje y géneros audiovisuales a través de sus propuestas estéticas e industriales.
  C14 Coñecer e aplicar os recursos, métodos e procedementos empregados na construción e análise dos relatos audiovisuais
  C15 Coñecer os fundamentos da historia e teoría da comunicación.
  C16 Coñecer e aplicar as tecnoloxías audiovisuais (fotografía, cinema, radio, televisión e multimedia) en función das súas capacidades expresivas.
  C17 Coñecer a imaxe espacial e das representacións icónicas no espazo, tanto na imaxe fixa como en movemento.
  C18 Capacidade para levar a cabo a gravación, composición, edición e postproducción de produtos audiovisuais.
  C19 Xestionar con eficacia a comunicación nas redes sociais.
  C20 Escribir con fluidez guións para os diferentes formatos audiovisuais
  C21 Coñecer e aplicar as técnicas e procesos de produción e realización audiovisual nos formatos e soportes contemporáneos.
  C22 Coñecer e aplicar as técnicas para o deseño e desenvolvemento de proxectos multimedia interactivos
  C23 Analizar e implementar estratexias de márketing para o desenvolvemento, distribución e consumo de produtos audiovisuais e multimedia orientados ao mercado.
Sinale D Código Competencias
  D1 Comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
  D2 Comunicar por oral e por escrito na legua galega.
  D3 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
  D4 Adaptarse aos cambios tecnolóxicos, empresariais ou organigramas laborais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000