Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  A contorna como recurso educativo
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, pese a todas as medidas sanitarias e vacinación planificada, a Universidade establece unhas medidas que se activarán no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

MEDIDAS A ADOPTAR

A docencia non presencial realizarase a través do Campus Remoto e a plataforma de teledocencia FAITIC.

No caso de que non se poida levar a cabo a modalidade de ensinanza presencial, a avaliación continua manterase segundo o disposto nesta guía docente, excepto en relación co requisito de asistencia presencial, que se adaptará ás horas presenciais que poidan ser impartidas e ás clases que se desenvolvan virtualmente de xeito síncrono no campus remoto.

Respecto ao requisito de faltas de asistencia, no caso de alumnado que non poida optar á avaliación continua, poderase compensar presentando as tarefas para non asistentes que se especifiquen en FAITIC e un traballo compensatorio global co que demostre os resultados de aprendizaxe. Fai falla obter a cualificación de aprobado (50%) en cada tarefa e traballo. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000